A CONCELLERÍA DE DEPORTES OFERTA PARA ESTE CURSO NOVE DISCIPLINAS PARA NENOS/AS E 4 PARA ADULTOS/AS
· Manuel Anxo Fernández, concelleiro de Deportes, destaca “a aposta por manter no nivel de servizos ofertados”
· O prazo para facer a preinscrición comeza onte 5 de setembro e remata o 20
05 de setembro de 2011. O concelleiro de Deportes, Manuel Anxo Fernández, presenta este ano a oferta de escolas deportivas para o curso 2011-12 cunha oferta que mantén a liña iniciada no anterior mandato. Así este ano haberá nove disciplinas para nenos/as dende os 3 anos e catro actividades diferentes para os/as adultos/as.
O responsable municipal de Deportes destaca “a aposta e o esforzo realizado dende o Concello económicamente por manter o nivel de servizos ofertados e a calidade da oferta”. O mantemento de actividades realizadas en anos anteriores tamén permite unha continuidade na formación. Manuel Anxo Fernández explica que “o deporte é un elemento capaz de fomentar valores moi positivos e resulta importante que a oferta de escolas deportivas sexa ampla e garanta unha formación específica no propio termo municipal”.
As actividades para os máis pequenos son patín, con nove grupos segundo o lugar no que se imparte e o nivel do alumnado, tenis, con 4 grupos, minideporte, con 2 grupos, baloncesto, con 2 grupos, taekwondo, con 2 grupos, e tiro con arco, minitenis, ciclismo e atletismo, cun só grupo, xa que tamén se ten en conta a demanda.
Pola súa banda a oferta para adultos céntrase máis en actividades de mantemento, como ximnasia de mantemento, os programas Cóidate, Ponte en forma, aínda que tamén hai espazo para un deporte como o tenis.
O prazo para realizar a preinscrición abre o 5 de setembro e remata o 20. Para formalizala hai que entregar unha ficha no Rexistro Xeral do Concello. A partir do 21 de setembro poderase confirmar telefonicamente no Departemento de Deportes a dispoñibilidade da praza. A partir daí e ata o 30 de setembro debe formalizarse a matrícula. As clases funcionarán entre primeiros de outubro e o mes de xuño. No caso de que existan máis solicitudes que prazas farase un sorteo público o día 20 de setembro ás 14:40 horas na Casa do Concello.
As actividades realizaranse en instalacións municipai, centrándose sobre todo nos pavillóns municipais de Calo, Os Tilos e A Ramallosa aínda que tamén se utilizarán outros locais como Casas Comúns.
Ningún comentario:
Publicar un comentario