O OROSO TM PRESENTA EN SOCIEDADE AOS NOVE EQUIPOS COS QUE COMPETIRÁ ESTA TEMPADA
NAS DISTINTAS LIGAS NACIONAIS E GALEGAS
Ao acto asistiron máis de 70 socios do clube e os xogadores dos distintos equipos
5 de setembro de 2011.- Máis de 70 socios e socias do Oroso TM asistiron este sábado á presentación oficial dos nove equipos do Oroso TM que competirán esta tempada 2011-2012 nas distintas ligas nacionais e galegas. Un acto celebrado nas instalacións do complexo deportivo Juanito Amigo de Sigüeiro.
O Oroso TM afronta unha tempada que se presenta longa e dura, despois de cinco tempadas consecutivas de ascensos tanto para o seu primeiro equipo (que militará na Primeira División Nacional) como para os seus filiais. Dende a directiva do clube recoñecen que “será difícil manter a dinámica, e maís en ligas tan duras como nas que se xogará este ano” porén adiantan que non renuncian a nada e que seguirán “confiando na nosa gran canteira para seguir acadando éxitos sen precedentes no tenis de mesa galego”.
Categorías
Así, o primeiro equipo (Oroso TM) militará na 1ª División Nacional, compartindo grupo de Liga con 4 conxuntos galegos, co Oviedo TM, co Avilés TM, co Burgos TM e cos tres equipos tinerfeños (Círculo Amistad, Tegueste e Universitario de La Laguna.) Por primeira vez na súa historia, o club orosán terá que desprazarse ás illas nas súas viaxes de competición ligueira. Aínda que o Oroso TM será o novato da categoría, os responsables do clube non renuncian a nada e esperan “poder dar a sorpresa e alcanzar as primeiras posicións da clasificación”.
O segundo equipo do clube, o Oroso TM-Lácteos Tambre, militará na 2ª División Nacional Masculina e estará formado íntegramente por rapaces da cantera orosá.
Na máxima categoría autonómica, o Oroso JosMar Vulco terá como principal obxectivo a permanencia, xa que será o equipo máis novo da Liga, formado por xogadores alevíns e infantís. O Oroso Trastes participará na 2ª división galega, onde terá que desprazarse por toda Galicia.
Na 3ª división galega haberá tres equipos: Oroso Valoriza, Panadería Sigüeiro e Escola Oroso TM. O ascenso dalgún deles sería todo un éxito para o clube, xa que están formados polos máis novos xogadores do Oroso TM.
En canto á categoría feminina, o clube tiene programada a participación de 2 equipos na Liga de 2ª División Nacional Feminina, se ben o prazo de inscrición aínda non está pechado e faltan por publicar os respectivos grupos da competición.
Ningún comentario:
Publicar un comentario