AMES - ORDE DO DIA PLENO EXTRAORDINARIO


De acordo co establecido nos artigos 78.2 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (ROF) aprobado polo RD 2568/1986 de 28 de novembro, e 46.2.a) da Lei 7/1985 de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, modificada pola Lei 11/1999, de 21 de abril, convócase sesión extraordinaria do Pleno do Concello que se celebrará ás vinte horas e trinta minutos (20:30 h) do día 18 de novembro de 2010 (xoves), coa seguinte

ORDE DO DÍA:

Punto primeiro: Proposta da Alcaldía en defensa da sanidade pública.
Punto segundo: Proposta da Alcaldía de apoio á viabilidade da planta de tratamento de residuos sólidos urbanos de Lousame.

Ningún comentario: