AMES - NADAL LUDICO


Ábrese o prazo para apuntarse no Nadal lúdico
Co tempo de Nadal comezan as vacacións para os máis cativos, pero os pais e nais seguen traballando, polo que cómpre conciliar a vida laboral coa familiar. Así, un ano máis, o departamento de Educación do Concello de Ames, abre o prazo para inscribirse no programa Nadal lúdico, co que ofrece unha alternativa para que, ademais de ocupar o tempo libre dos rapaces e rapazas dun xeito divertido e educativo, permita a nais e pais conciliar o seu traballo coas vacacións dos cativos. O prazo para apuntarse estará aberto ata o día 30 de novembro.
O Nadal é unha das épocas do ano nas que os rapaces gozan máis. Isto é así porque non teñen clases, nin obrigas, nin deberes. Os nenos teñen tempo de balde para apuntarse a actividades e participar en obradoiros. O Nadal lúdico nace pois coa intención de ofertar unha alternativa que permita cubrir o tempo de lecer dun xeito divertido e educativo no tempo das vacacións escolares, e á vez que permita ás nais e pais conciliar a vida laboral e familiar.

Para iso, unha edición máis ábrese o prazo para apuntarse no programa Nadal lúdico, que o Concello de Ames ofrece para que, durante esta época de vacacións e descanso para os máis cativos, os pais e nais poidan conciliar a vida laboral e familiar, ademais de que os rapaces ocupen o seu tempo de lecer dun xeito divertido e tamén educativo. O prazo de inscrición rematará o día 30 de novembro.

O Nadal lúdico desenvolverase durante os días 23, 24, 27, 28, 29, 30 e 31 de decembro e o 3, 4, 5 e 7 de xaneiro. As actividades organizadas dentro deste programa comezarán ás 7:30 h. e rematarán ás 16:00 horas. Para apuntarse, os interesados terán que entregar a ficha de inscrición, os impresos de autorización, o resgardo do abono realizado na conta do concello, a fotocopia da tarxeta sanitaria e o título de familia numerosa, se é o caso, no Rexistro Xeral do Concello situado en Bertamiráns (de luns a sábado) ou na Oficina Municipal do Milladoiro (de luns a venres).

O programa está dirixido aos nenos e nenas, escolarizados no 2º ciclo de Educación Infantil e en Educación Primaria, empadroados no concello de Ames. Ademais, tamén poderán acceder ao programa os fillos e fillas das persoas que, aínda que non estean empadroados, traballen neste municipio. Esta situación deberá acreditarse cun certificado da empresa ou institución correspondente. Porén, terán preferencia os empadroados no concello. Non se admitirán inscricións fora de prazo.

Para asistir ao Nadal lúdico haberá servizo de transporte. Así poderase trasladar aos nenos e nenas aos locais onde se desenvolverán as actividades. O listado de paradas e horarios de transporte poderanse consultar nas Casas da Cultura do Milladoiro e de Bertamiráns, na páxina web e nos taboleiros de anuncios do Concello e da Oficina Municipal do Milladoiro. Cando remate o prazo de inscrición publicarase a lista de admitidos na que tamén se indicarán os lugares das actividades por grupos. Esta listaxe poderase consultar nos taboleiros do Concello e da Oficina Municipal do Milladoiro.

Pódense consultar as bases do programa, os prezos, os horarios e todos os datos deste programa premendo na ligazón que aparece na sección de Aviso que hai na web municipal. Para máis información poden chamar ao teléfono 981 891 476 ou enviar un
correo electrónico á dirección educacion@concellodeames.org do departamento de Educación.

Ningún comentario: