PP MELIDE - LIMPEZA


O PP de Melide solicita a convocatoria urxente da Xunta de Voceiros para analiza-la situación do servicio de limpeza municipal

A representante popular esixe a presencia na reunión de membros da empresa e representantes sindicais para aclara-la situación de caos dos últimos meses

Vázquez denuncia que os sete traballadores descoñecen cando van a cobrar

Melide, 17 de novembro de 2010. A voceira do Partido Popular de Melide, Ánxeles Vázquez, insta a Cea a que convoque de xeito urxente a Xunta de Voceiros para coñece-lo estado da relación entre o concello e a empresa concesionaria do servicio de limpeza dos edificios públicos. Neste senso, a representante popular denuncia que a crítica situación económica pola que está atravesando o concello está a influír nos contratos que o concello ten coas empresas, e que, como consecuencia, os traballadores están sen cobra-las súas nóminas.

Os populares solicitarán que na xuntanza estean presentes ademais os representantes sindicais así coma tamén o representante da empresa, con fin de chegar a un acordo e darlle solución  a situación crítica e de incerteza que están a soportar os empregados, xa que “a día de hoxe non saben se cobrarán ou non o vindeiro mes”, xa que dependerá de se o Concello finalmente paga á empresa. Por todo eso, Vázquez esíxelle á actual rexedora “responsabilidade” e que “afronte” o problema. Neste senso, a voceira popular considera inadmisible que, a pesares da solicitude de tres préstamos, as nóminas do persoal periguen. “Faise imprescindible un cambio de rumbo urxente na política económica e financeira municipal. Este feito pon de manifesto, unha vez máis, que os bipartitos son malos xestores”, sentenciou. 

Ningún comentario: