
Onte clausurouse a XI Feira do Comercio Val da Maia celebrada no Milladoiro, Ames, e organizada pola Asociación de Empresarios do Milladoiro, AEMI, coa colaboración do concello de Ames e a Deputación da Coruña, Asociación de comerciantes de Bertamiráns, Asociación de Comerciantes Viorneira e Asociación de empresario do Polígono Novo MIlladoiro.
![]() |
| A presidenta de AEMI Loli Mella e a gañadora dun televisor sorteado na Feira |
Boas prespectivas as que se tiran dos 3 días de Feira, abundante público e satisfacción en xeral entre os expositores polo número de visitas. En canto os resultados económicos foron dispares e mentres algúns dos comerciantes mostráronse moi satisfeitos outros non obtiveron un número de ventas salientable ainda que si consideraron positiva a súa presenza para a marca que representan; esta diferenza de criterios e mostra do momento que se vive a nivel económico con un principio de recuperación pero que ainda non é suficiente como para que se visibilice con claridade.
Os stands máis visitados foron o de Píkara Diveractividades que estivo cheo de pais con nenos ben parace facerse fotos cos persoaxes que por alí pasaban, Maléfica, Frozen, Micky ou Minnie, ou para que os cativos se puideran maquillar. Os hinchables e a pulpería foron tamén protagonistas da fin de semana.
A Asociación de Comerciantes mostrase satisfeita e prepara xa novas actividades.

Ningún comentario:
Publicar un comentario