A Xunta Directiva de AEMI ( Asociación de empresarios, comerciantes e profesionais do Milladoiro ) vai realizar, na semana do 10 ao 16 de Xuño o evento “Merca e Tapea”
Dirixida ós comerciantes e hosteleiros do Milladoiro, esta iniciativa intenta revitalizar e potenciar a actividade comercial da vila ofrecendo ós clientes unha atractiva oferta comercial con importantes promocións e descontos así como unha interesantísima oferta culinaria por parte dos bares e restaurantes basada en ofrecer unha ampla variedade de tapas.
![]() |
| De esquerda a dereita: Juan Angueira, María González, Dolores Mella, Carmen Blanco e Marina Sebio. |
Esta iniciativa súmase a reciente celebración da Feira do Comercio tamén organizada por AEMI é forma parte do ambicioso planing de actividades que a nova Xunta Directiva se marcou para este ano 2013.
Esta nova Xunta Directiva está formada por Dolores Mella (Mayzu Hogar) como presidenta, María González (Farmavisión Da Vinci) vicepresidenta, Juan Angueira (Tien 21) secretario, Carmen Blanco (Careva Moda Infantil) tesoreira e Marina Sebio (Mercería Lans) vocal.

Ningún comentario:
Publicar un comentario