No Pleno Extraordinario, celebrado hoxe, procedeuse á modificación das Ordenanzas Fiscais para o ano 2014. Aprobouse a modificación da Ordenanza Reguladora do IBI e as taxas por servizos de abastecemento de auga, rede de sumidoiros e depuración, modifícanse segundo o contrato concesional
O voceiro nacionalista, Ramiro Recouso, critica o “fariseísmo” de Regos, que pretende vender unha conxelación de taxas e prezos públicos, como “contraprestración” á sua necesaria complicidade na aplicación do “catastrazo” que sufriran os habitantes de Ordes. Para Recouso “de pouco val conxelar o resto das taxas e prezos públicos, cando o IBI vai sofrer un incremento do 50% nos vindeiros anos”
O BNG lamenta que ningunha das súas propostas, para paliar os efectos da suba do IBI, foran tidas en conta, atribuíndo a cuestións técnicas, o que son cuestións de clara vontade política, como por exemplo: “a bonificación do 95% no IBI ás explotacións agrogandeiras, a bonificación naquelas vivendas que non dispoñen de servizo público de abastecemento de auga e saneamento e depuración, a aplicación do IBI ás propiedades da Igrexa Católica susceptíbeis de aplicarlle este imposto, ou mesmo o fraccionamento do pagamento deste tributo.”
Ramiro Recouso, lembra que hoxe, mais unha vez, “reeditouse o pacto de goberno da lexislatura anterior, UxO-Psoe-CdG, que xestionaron o Concello desde o ano 2007, dando como resultado unha débeda que ascende a 692,48€ percápita, e dicir perto dos 9.000.000€”
O BNG lamenta que “Regos siga teimando no aumento da presión fiscal sobre os cidadáns de Ordes, na vez de reducir gastos superfluos ou mesmo suprimindo servizos, concesións ou asesoramentos técnicos que son altamente deficitarios. Cabe lembrar que nos Orzamentos 2013, contémplase un déficit no Museo do Traxe de 54.000€, en Radio Ordes de 42.600€, no servizo da ORA de 36.000€ ou mesmo a “comisión” que cobra a Deputación Provincial pola recadación dos impostos municipais que ascende a 165.000€”
Ningún comentario:
Publicar un comentario