A comisión de investigación da presunta firma falsa da ex secretaria municipal xa se pode convocar logo de que o PP se decidira a nomear representantes
-O alcalde, Manuel Cuíña, lamenta que o PP aínda comunicara hoxe o nome dos integrantes do seu grupo nesta comisión, que foi acordada no Pleno hai catro meses
A comisión de investigación sobre a presunta firma falsa da anterior secretaria xeral do Concello de Silleda xa pode ser convocada, despois de que o PP presentara aínda hoxe un escrito nomeando aos representantes do seu grupo nesta entidade, acordada no Pleno do pasado mes de xullo.
“O curioso é que o PP pese a solicitar con insistencia esta comisión aínda non nomeara ata hoxe aos seus representantes”, sinala o alcalde Manuel Cuíña que lamenta que “agardaran catro meses dende o Pleno, e case un ano dende que plantexaron creala, despois de criticar a este goberno retiradamente por non facer a convocatoria”, algo que califica como un “feito grave e contradictorio”.
Logo da denuncia da ex secretaria, ademais de abrir unha investigación interna, o goberno municipal convocou para o día 10 de decembro de 2012 unha xuntanza de voceiros á que non acudiu o representante do PP. “Agora catro meses despois do acordo plenario, parece que por fin se acordaron e poderemos darlle cumprimento”, engade o alcalde e presidente da comisión.
Segundo o citado acordo plenario, a comisión estará formada por tres membros do goberno municipal (PSOE), outros tres do PP e o edil do Bloque, e reunirase os terceiros lunes de cada mes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario