A Deputación da Coruña inviste 117.542,16 € en aceras e saneamiento en Melide.
Supoñerá unha mellora na seguridade vial na estrada provincial DP4604 PK0+670 AL 1+140. O prazo de execución é de 3 meses.
O vindeiro luns dan comezo as obras de separación de pluviais e fecais así como a construción de beirarrúas en 500 metros dende O Forte ata O Ribeiro. Este investimento é feito íntegramente pola Deputación a petición da alcaldesa melidense e supón unha mellora de servicios importante na travesía, ao longo de medio km, ao tempo que se consegue unha mellora na seguridade viaría tanto para veciños como para os peregrinos que fan o Camiño de Santiago nesa vertente.
Ata o lugar trasladaronse técnicos da Deputación, a empresa adxudicataria así como a alcaldesa e a concelleira de obras Rosa Cabado
Segundo palabras da concelleira de obras esta prolongación de aceras que supón unir o casco urbano co Ribeiro era outra compromiso electoral o que se lle da cumprimento quedando así esta estrada cuberta por aceras en ámbolos marxes.

Ningún comentario:
Publicar un comentario