Área Central - I salón do xogo didáctico

Area Central acollerá a partir de HOXE e ata o 24 de novembro, o l Salón de Xogo Didáctico de Area Central, un espazo de exposición e venda no que os profesionais do ensino en particular e o público en xeral atoparán máis de 800 referencias de distintos proveedores tanto a nivel estatal como internacional.
Organizado polo Consorcio Editorial Galego, os asistentes a esta primeira edición deste salón poderán adquirir as novidades no mundo da didáctica tanto para o entretemento como puramente educativas.

Este I Salón do Xogo Didáctico traerá a Area Central actividades paralelas: o venres 15, o sábado 16, o venres 22 e o sábado 23, en horario de 18:30 a 19:30 horas haberá obradoiros de construcción de xoguetes con material de refugallo. 

Ningún comentario: