BNG Ordes - o pleno rexeita a proposta de alcaldía de cambiar os acordos do día 25

O PLENO REXEITA A PROPOSTA DO ALCALDE PARA DEIXAR SEN EFECTO O COMPROMISO ÉTICO DOS CONCELLEIROS
O ex portavoz do BNG de Ordes, Gonzalo Castro, que promoveu este acordo hai 10 días, no seu último pleno como portavoz do BNG na Corporación, afirmou que “o alcalde debe entender que no compromiso coa ética e a honestidade non existen atallos, e hai que defendelo tanto cando lle afecte aos demáis como a un mesmo”

O alcalde propoñía eliminar o compromiso adquirido polos concelleiros da Corporación Municipal, se resultan imputados por feitos relacionados co exercicio do seu cargo, pero esta proposta só contou co apoio dos concelleiros do goberno municipal.

Castro lembrou que “a lexislación penal define que imputado é aquela persoa á que se atribue xudicialmente a participación nun delicto”. 

Gonzalo Castro salientou que “non se trata de ir contra ninguén, nin de prexulgar ningún comportamento, iso correspóndelle á xustiza, pero os cargos públicos ademáis de ser honestos, deben parecelo, por iso os imputados deben dimitir, porque en caso contrario só estaríamos aumentando o gran descrédito que xa teñen a política e as institucións”.

Ningún comentario: