Ordes - o pleno ratifica o acordo do 25 de abril pedindo que os concelleiros imputados dimitan

UXO só solicitará a dimisión de concelleiros “no caso de que sexan chamados a xuizo oral con acusación de delito” 
A oposición ratifícanse no acordo acadado o pasado 25 de abril, polo que calquera membro da corporación abandonaría o seu posto no caso dunha imputación derivada da súa actividade política

O Concello de Ordes rexeitou esta mañá en pleno extraordinario a proposta da Alcaldía mediante a cal os seus concelleiros “asumirían o compromiso ético de dimitir no caso de ser chamados a xuízo oral nun proceso penal por actividades relacionadas co seu cargo con acusación por delito”. Dito punto suporía a modificación do acadado no pasado pleno celebrado o 25 de abril, polo que calquera membro da corporación debería de dimitir simplemente polo feito de estar imputado. O resultado final foi de sete votos a favor por parte do equipo de goberno ante os oito en contra do PP, PSOE e CidGA.

Tal e como se especifica no texto presentado hoxe a medida “podería levar consigo un prexuizo xeral á cidadanía que apostou directamente por algún concelleiro e o elexiu democráticamente, limitando a participación política garantida constitucionalmente. Ademais para a maioría da cidadanía tal dimisión sería tomada como unha confesión de culpabilidade. Sinalar tamén que unha vez adoptado o acordo de dimisión este non pode ser revocado”. Na proposta da Alcaldía “o termo imputado alude a aquela fase do procedemento na cal o xuíz investiga si existe base para soster unha acusación pola existencia dun presunto feito punible. En termos xurídicos non existen, polo tanto, acusados na fase de instrucción xa que unha persoa é acusada únicamente no momento no que se determine o obxeto da acusación, cousa que ten lugar cando o fiscal ou a acusación particular solicitan a apertura do xuizo oral mediante o chamado escrito de acusación”.

Na sesión de hoxe decidiuse por unanimidade a modificación da ordenanza fiscal Nº 14 reguladora da taxa do cemiterio municipal de cara á próxima construcción dunha nova mazán. Así as novas cuantías ascenden a preto de 950 euros no caso dos nichos e de 3.700 euros para os panteóns. Tamén de xeito unánime acordouse a agrupación do Concello de Ordes cos de Oroso, Frades e Trazo para a xestión compartida do proxecto de mellora de eficiencia enerxética e iluminación pública. Mediante este acordo posibilítase a solicitude dunha subvencion da Xunta de Galicia por un importe de 60.000 euros, que no caso de Ordes investiríanse nas rúas Coruña, Recreo, Reverencia e Vista Alegre. 

Outro punto que acadou o consenso de todas as forzas políticas foi a modificación do proxécto técnico do POS 2013 en relación co Camiño Cabeza de Castro e co Camiño do Castro a Igrexa, nas parroquias de Ardemil e Leira respectivamente. En ditos viais procederase a aplicar unha capa de zahorra en vez de conglomerado tal e como se reflexaba no proxecto inicial. Do mesmo xeito acordouse a ratificación da prestación de mancomunada de servicios sociais básicos, pasando cada municipio a xestionalos individualmente co fin de poder adherirse ao Plan de Convenios de Servizos Sociais da Deputación da Coruña para poboacións de menos de 20.000 habitantes. Esta medida xa foi onte tamén aprobada polo pleno da Mancomunidade, que solicitará unha subvención por un importe total de 122.000 euros.

Por último sinalar a ausencia dos membros do BNG no pleno de hoxe, os cales icipar ao non asumir todavía os seus cargos de concelleiros tras a dimisión por motivos persoais de Gonzalo Castro e Montse Rey durante o pasado pleno celebrado o 25 de abril.

Os interesados poden escoitar o pleno a través do enlace:

Ningún comentario: