OS SOCIALISTAS DE AMES PREGUNTAN AO ALCALDE POLO
CONVENIO DOS GRUMIR CON BRIÓN
O Grupo Socialista non ten a día de hoxe constancia algunha de que se
asinara dito Convenio con Brión.
Piden a documentación ao Alcalde do Convenio asinado de existir o mesmo
Ames, 8 de maio de 2013. Os Socialistas de Ames queremos saber si o Alcalde de
Ames asinou o Convenio dos Grumir co concello veciño de Brión. Estando no mes
de Maio resúltanos moi extraño que todavía non se comunicara aos grupos da
oposición nin se publicara na web ou prensa, noticia algunha sobre a sinatura deste
importante Convenio tal e como se anunciara no seu día, alá polo mes de
Decembro do pasado ano, que se levaría a cabo un Convenio co Concello de Brión
para a prestación do servizo dos Grumir no Concello de Ames ata que a Xunta tome
o relevo.
Entendemos que de non estar asinado dito Convenio o Concello de Ames, e o
seuAlcalde en particular, están a crear un novo problema onde non existía e que a
irresponsabilidade do Sr. Amor sería máxima.
Esperamos recibir a documentación de dito Convenio coa data da sinatura e as
condicións no que se leva a cabo, de existir algunha contraprestación.
O Concello de Brión, e o seu Alcalde en particular sempre estivo disposto e aberto á
colaboración e a prestación do servizo dos Grumir do seu Concello, manifestándoo
en numerosas ocasións, cousa que o Alcalde de Ames non fixo ata que lle viu as
orella ao lobo. Por toda a xestión que levou a cabo o Sr. Amor, e ante a ausencia de
nova algunha na web e nos medios de prensa, moito nos tememos que dito
convenio esté no conxelador e todavía no mes de Maio sega sen asinar.
Por último, esperamos que de non existir este Convenio, o escrito presentado polo
Grupo Socialista, asi como este comunicado de prensa, faga reaccionar ao Alcalde
e mova ficha, como así ven facendo nas últimas ocasións nas que sólo reacciona e
fai o seu traballo cando os Socialistas o sacamos en prensa, marcándolle o paso ao
Grupo de Goberno.
Ningún comentario:
Publicar un comentario