Ordes - IES Maruxa Mallo - I Premio Maruxa Mallo

O Premio Maruxa Mallo pretende poñer difundir entre a nosa comunidade educativa e entre a sociedade de Ordes os valores que definen a obra artística e as empresas vitais da artista Maruxa Mallo. 
Ademais, preténdese dar a coñecer a figura de Maruxa Mallo, non só como artista, se non como exemplo de proxecto vital que sabía conxugar a irrenunciable vocación á independencia e preocupación social comprometida e solidaria. Os valores e o exemplo de Maruxa Mallo ben poden servir a día de hoxe como fundamentos da educación que necesitamos. Entre todos os valores que encarna Maruxa Mallo queremos 
facer visibles os seguintes: 

---A liberdade, a orixinalidade, a -A liberdade, a orixinalidade, a creatividade: a independencia á hora de creatividade pintar, pensar e vivir, atopando unha linguaxe e uns camiños propios, que fan de Maruxa Mallo unha muller irrepetible. A orixinalidade e a creatividade guiaron a súa perpetua búsqueda artística da perfección. 

---O traballo, o esforzo, a constancia -O traballo, o esforzo, a constancia O traballo, o esforzo, a constancia: a vida e a obra de Maruxa Mallo son en si mesmas un gran traballo, non só porque os camiños son novos, o que esixe maior esforzo, se non porque a súa forma de traballar é incesante, probando e experimentando cunha meticulosidade e unha perfección incribles. 

---O compromiso social e a loita pola -O compromiso social e a loita pola igualdade: a figura de Maruxa Mallo igualda detrascende a pintura, pola súa implicación coa liberdade no ámbito do pensamento e da igualdade real entre homes e mulleres no mundo contemporáneo. 

O Premio será entregado anualmente a unha persoa que encarne os valores citados, recoñecendo así o traballo feito e amosando exemplos que ben poden servir de referencia para o noso alumnado. 

BASES: 
1ª: O Premio terá dúas modalidades: 

-Un premio para un membro da comunidade educativa do IES Maruxa Mallo. 

-Un premio para unha persoa relevante da cultura, sociedade, artes, ciencias, educación, deportes, etc. 

2ª: O prazo para a presentación de candidaturas ao premio remata o 20 de maio. As candidaturas deben presentarse no rexistro do IES Maruxa Mallo ou poden enviarse por correo certificado ao Instituto ou por correo electrónico solicitando acuse de recibo (ies.maruxa.mallo@edu.xunta.es) 

3º: As candidaturas deberán presentarse da seguinte maneira: 

-Deben estar avaladas pola sinatura de tres membros da comunidade educativa 
nun modelo impreso ofrecido polo centro. 

-Deben estar acompañadas dun informe de non máis de dúas páxinas no que se 
describan as accións polas que se considere que a persoa candidata é merecedora ao premio. Esas accións 
deben relacionarse cos tres valores que representa Maruxa Mallo. 

-O informe poderá acompañarse dos anexos documentais que se consideren oportunos para que o xurado teña un mellor coñecemento da candidatura. 

4º: O xurado estará composto por membros da comunidade educativa do IES Maruxa Mallo e por persoas da sociedade ordense. Na súa composición procurarase atender a todos os sectores da comunidade. 

5º: O xurado poderá requerir máis información sobre as candidaturas se así o considera oportuno. Para a valoración das candidaturas terase en conta que as persoas candidatas realizaron accións demostrables que representen cada un dos tres valores citados, procurando que haxa un equilibrio entre os tres ámbitos de valoración. 

6º: O xurado emitirá o seu fallo na primeira quincena de xuño, e será divulgado a través dos medios de comunicación. O acto de entrega do premio realizarase na segunda quincena de xuño. 

7º: O premio consistirá nunha peza conmemorativa. 

-A liberdade, a orixinalidade, a -A liberdade, a orixinalidade, a creatividade: a independencia á creatividade
hora de pintar, pensar e vivir, atopando unha linguaxe e uns camiños propios, que fan de 

Maruxa Mallo unha muller irrepetible. A orixinalidade e a creatividade guiaron a súa perpetua búsqueda artística da perfección. 

---O traballo, o esforzo, a -O traballo, o esforzo, a constancia: a vida e a obra de constancia Maruxa Mallo son en si mesmas un gran traballo, non só porque os camiños son novos, o que esixe maior esforzo, se non porque a súa forma de traballar é incesante, probando e experimentando cunha meticulosidade e unha perfección incribles. 

---O compromiso social e a loita -O compromiso social e a loita pola igualdade: a figura de pola igualdadeMaruxa Mallo trascende a pintura, pola súa implicación coa liberdade no ámbito do pensamento e da igualdade real entre homes e mulleres no mundo contemporáneo.

Ningún comentario: