Willie Nile (Buffalo, New York), The Hi-Risers (Rochester, New York), Eilen Jewell (Boise, Idaho)
Compostela Rock presenta ‘Made in USA’, entradas á venda a 12 euros anticipada, 15 euros na billeteira.
Willie Nile, o poeta de NY regresa a España en 2013 para presentarnos o seu novo disco, American Ride; un novo traballo gravado durante o pasado verán 2012, producido e dirixido por Stewart Smith e o propio Willie Nile. Tras unha xira espectacular en 2012 por gran parte de Europa (UK, España, Italia...), o músico neoyorkino, gravou o seu decimosegundo disco de estudo, onde nos mostra o gran poderío das súas composicións; grandes melodías de rock –Holy war, This Is Our Time, Life On Bleecker Street… –, e grandes baladas como -American Ride- que ademais dá título ao disco, unha canción condenada a converterse entre o mellor do 2013. Abrirá o concerto Graham Summer (Nigrán, Pontevedra. Country-folk).
O concerto sera xoves 9 ás 21.00 no Teatro Principal e as entradas estan á venda 12€ + gastos de distribución (anticipada) /15€ (billeteira), na billeteira do Teatro Principal, en Nova Galicia Banco e en A Reixa Tenda.
The Hi-Risers, presentan 'Hang around with you', mércores 22 de maio ás 21.00h na Sala Capitol. Despois dunha longa espera o trio de Rochester volveu para irse de festa contigo. E miúda festa a de “Hang Around With You”! Neste flamante álbum atópanse moitas das razóns polas que o grupo é considerado o estandarte do mellor rock&roll americano, sen aditivos, complicacións, nin moderneces. Sen ser un grupo retro, The Hi-Risers conseguen combinar os mellores e máis xenuínos estilos americanos para crear o seu burbuxeante cóctel, e dar un espectáculo en toda regra. Rock&Roll, pop, doowop, beat, surf, country... Pasen e vexan!, como sempre hai de todo... e de categoría!.
Entradas estan á venda 12€ + gastos de distribución (anticipada) /15€ (billeteira), na billeteira do Teatro Principal, en Nova Galicia Banco, en A Reixa Tenda e en Sala Capitol.com
Eilen Jewell, presenta o seu disco 'Queen of the minor key', o concerto será 13 de xuño ás 21.00h na Sala Capitol. Eilen Jewell é “a raíña do acorde menor” (Queen of the Minor Key). As cancións tristes son o seu forte. Ponlles un pouco de atención e pronto saberás por que os seus humildes e fieis seguidores admírana e adórana máis cada ano.
Entradas estan á venda 12€ + gastos de distribución (anticipada) /15€ (billeteira), na billeteira do Teatro Principal, en Nova Galicia Banco, en A Reixa Tenda e en Sala Capitol.com

Ningún comentario:
Publicar un comentario