BNG VEDRA


O BNG DE VEDRA SOLICITA A MODIFICACIÓN DA ORDENANZA DO IVTM PARA GARANTIR O DEREITO Á EXENCIÓN DO IMPOSTO ÁS PERSOAS CON DISCAPACIDADE.


O BNG de Vedra presentou unha moción que se debatirá no pleno de hoxe, pola que insta ao concello a eliminar un párrafo da ordenanza fiscal de IVTM, que supón unha limitación de facto ao dereito á exención deste imposto recoñecido na Lei Reguladora das Facendas Locais.

Así, mentres na Lei estatal se recoñece o dereito á exención do imposto aos vehículos matriculados a Nome de minusválidos para o seu uso exclusivo…, consideraranse persoas con minusvalía quen teña esta condición legal en grao igual ou superior ao 33%, a Ordenanza municipal de Vedra limita de feito este dereito con un parágrafo que limita a exención a quen presente un certificado de que a súa minusvalía lle impide utilizar o transporte público.

Con este párrafo, que consideramos ilegal, pois contradí unha lei estatal, están limitando de feito o dereito á exención a persoas que teñan un grao de discapacidade maior que o marcado na lei, e ademais con unha excusa que no caso de Vedra resulta especialmente rechamante, ao non existir en Vedra un transporte público que poder usar como alternativa para os desplazamentos polo termo municipal.

O BNG solicita a eliminación dese párrafo por ter un afán recaudatorio, por consideralo ilegal, e por estar limitando o dereito á exención do IVTM recoñecido por lei ás persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33%.

Ningún comentario: