O CONCELLO ACONDICIONA
AS PISCINAS MUNICIPAIS DE TILOS E LUOU ANTES DA TEMPADA DE VERÁN
·
Esta actuación, ten un custo de algo máis de 60.000 €, e está
financiada integramente polos fondos FEESL 2010
20 de maio de 2010. O Concello de Teo adxudicou definitivamente a
obra de acondicionamento das áreas recreativas das piscinas municipais de Luou
e Os Tilos. Estas obras suporán a posta a punto destas instalacións xusto antes
da tempada de verán.
A actuación está financiada na súa totalidade con cargo ao Fondo Estatal
para o Emprego e a Sustentabilidade Local -FEESL 2010-. O orzamento da obra é
de algo máis de 60.000 euros. Nas dúas instalacións realizaranse tarefas de
conservación, reparación e mantemento ademais da sustitución de varios equipos
que forman parte da depuración das piscinas.
No caso da piscina dos Tilos, a máis antiga, retirarase parte do pavimento
que rodea a piscina e farase unha nova soleira de formigón para despois
pavimentalo. Sustituiranse tableiros ademais de colocar varias rejillas. No que
se refire á depuración da auga cambiarase o contador de auga recirculada e
renovada así como a central reguladora de cloro e Ph.
Na piscina de Luou realizaranse tarefas de reparación de pavimento e
pintado de caseta, lixado e pintado de barandillas, sustitución de alicatados e
limpeza dos mesmos, reparación da madeira do porche, sustitución do contador de
auga recirculada e renovada así como a central reguladora de cloro e Ph e
instalación de dúas bombas centrífugas de recirculación. No caso deste
equipamento tamén se fará un tramo de rede de saneamento de 125 metros para o
vaciado da piscina que no futuro se conectará coa rede municipal.
Ningún comentario:
Publicar un comentario