AYUNTAMIENTO DE MELIDE


Melide recolle 20.000 quilos de plásticos nunha nova campaña de reciclaxe

·         O concelleiro de Medio Ambiente, Manuel Prado, destacou a colaboración da veciñanza nesta nova campaña de recollida de plásticos agrícolas.
A  Concellaría de Medio Ambiente, que dirixe o socialista Manuel Prado, vén de dar por rematada a segunda campaña de recollida de plásticos agrícolas. Un camión do Concello percorreu as parroquias do rural melidense onde previamente a veciñanza tiña depositado os plásticos agrícolas para a súa reciclaxe.

O concelleiro Manuel Prado destacou “a colaboración dos veciños, e a súa concienciación coa reciclaxe, que se incrementa en cifras campaña tras campaña”. Nesta ocasión,o Concello recolleu máis de 20.000 quilos de plásticos agrícolas, que serán tratados para a súa reciclaxe.


Ningún comentario: