O PP pregunta ó alcalde polo gasto de 19.200 € nas viaxes a Bruselas e Italia
Tamén polo retraso na execución das obras do pavillón polideportivo de Fontiñas
As preguntas irán o vindeiro pleno ordinario da próxima semana
O concelleiro do Grupo Municipal Popular, Ángel Espadas, quere saber a qué responde en detalle o gasto do alcalde de 10.200 € na súa viaxe a Bruselas o pasado mes de marzo (días 22 e 23), e de 9.000 € na súa viaxe a Italia o mesmo mes (días 4 e 10 de marzo).
Por este motivo, formulou unha pregunta para ser respondida no vindeiro pleno ordinario que se celebra en Raxoi a próxima semana.
As viaxes do alcalde a Bélxica e Italia o pasado mes de marzo se enmarcaron dentro da celebración do Ano Santo e foi realizada por Bugallo, acompañado por outros membros da Corporación para promocionar o Xacobeo.
Pavillón de Fontiñas
Asemade, o concelleiro popular levará tamén outra pregunta ó pleno sobre a execución das obras do pavillón polideportivo de Fontiñas, que acumulan un retraso de cinco anos dende o seu anuncio.
As obras comezaron a principios do ano 2009, e transcorridos aproximadamente 16 meses, non finalizaron polo que acumulan xa un retraso con respecto ó prazo de execución previsto no contrato.
Ningún comentario:
Publicar un comentario