A Concellaría de Benestar Social
e Igualdade, a través da Oficina de Voluntariado de Ames, organizou unha charla
sobre a importancia que ten a doazón de órganos. A conferencia impartirase hoxe, a partir das 20:30 horas, no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns.
A doutora Marta Álvarez Vázquez, técnica da oficina de coordinación de
transplantes de Galicia, será a encargar de explicar en qué consiste a doazón
de órganos, ao mesmo tempo que animará aos asistentes a que se fagan doadores
para salvar a vida doutras persoas. Ademais, unha persoa que recibiu un
transplante contará a súa experiencia e a súa visión en primeira persoa.
A concellaría
de Sanidade e Benestar Social, en colaboración coa Oficina de Voluntariado de
Ames e a asociación Abre os Ollos organiza para hoxe, ás 20:30 horas, unha
charla na Casa da Cultura de Bertamiráns, na que se intentará concienciar aos
amienses da importancia da doazón de órganos. Marta Álvarez Vázquez será a
encargada de levar a cabo esta sesión, na que estará acompañada por unha persoa
á que lle realizaron un transplante e que aportará a súa visión persoal desta
acción de altruísmo e xenerosidade.
Cada vez é preciso que haxa máis persoas concienciadas con esta acción. Para iso o Concello de Ames organiza esta charla, que xa foi realizada no concello de Negreira e que, despois de pasar por Ames, chegará a outros municipios da comarca como A Baña e Teo.
Experiencia persoal
Ademais da doutora Marta Álvarez Vázquez, que intervirá explicando en qué consiste a doazón de órganos e a súa importancia, unha persoa que, grazas á xenerosidade doutro ser humano, puido recibir un novo órgano transplantado, contará a súa experiencia en primeira persoa.
Dolores explicaralle aos asistentes, como despois de pasar moitos anos visitando frecuentemente os hospitais e estando ingresada, vendo asemade, minguada a súa calidade de vida, cambiou o equipo médico que a atendía, os cales lle recomendaron o transplante. Deste xeito, Dolores estivo 11 meses en lista de espera, que como ela mesma afirma "foron desesperantes". Pero a espera por fin rematou un bo día que recibiu a chamada na que lle anunciaban a existencia dun órgano para ela, o cal resultou ser compatible.
Despois de 21 días ingresada e un intento de rexeitamento, Dolores leva 8 anos dunha nova vida, na que a súa calidade de vida mellorou notablemente. E todo grazas á xenerosidade doutra persoa.
Dolores tamén explica que, despois desta experiencia, e para agradecer dalgunha maneira o que a sociedade fixera por ela, colaborou como voluntaria na Cruz Vermella e tamén no Concello de Ames. Actualmente participa en charlas e actividades informativas da Oficina de Coordinación de transplantes de Galicia, pertencente ao Sergas.
A doazón de órganos
A doutora Marta Álvarez Vázquez explicará aos amienses en qué consiste a doazón e a importancia de facerse doador, e cómo se leva a cabo este proceso en España.
A doazón de órganos é un xesto de xenerosidade e altruísmo por parte das persoas que a realizan. Calquera persoa pode facerse doador, para ceder os seus tecidos e órganos a outras persoas despois do seu falecemento. Porén, para poder ser doador hai que falecer nun hospital. É necesario cumprir os criterios legais de morte cerebral. Dependendo do órgano do que se trate, tamén se pode doar en vida. É o caso de órganos dobres, coma o ril, ou de tecidos do fígado.
O maior problema neste momento é obter o suficiente número de órganos e tecidos suficientes para todos os enfermos que o necesitan, xa que aínda hai enfermos que morren esperando un órgano. É importante recordar que todas as axudas son necesarias para resolver esta escaseza de órganos.
Todas as persoas que desexen facerse doadoras teñen que cubrir cos seus datos un folleto de doazón de órganos e tecidos e envialo por correo. Tamén se pode facer por teléfono ou pola internet na páxina web www.sergas.es. Para calquera dúbida, ou máis información, non dubide en chamar ao teléfono 981 542 863, a Oficina de Coordinación de Transplantes de Galicia, Santiago de Compostela.

Ningún comentario:
Publicar un comentario