AYUNTAMIENTO DE TEO


O CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER DE TEO ORGANIZA UN OBRADOIRO DE RISOTERAPIA DIRIXIDO A TODAS AS MULLERES


·        Nas últimas semanas o CIM estivo realizando estes talleres en colaboración con varias asociacións do Concello

·        O taller realizarase o 31 de maio e o 1 e o 8 de xuño no Centro Sociocultural da Ramallosa

19 de maio de 2010. O Centro de Información á Muller –CIM- de Teo organiza un obradoiro de risoterapia aberto á calquera persoa interesada que se celebrará os días 31 de maio, e o 1 e o 8 de xuño de 17:30 ás 19:30 horas no Centro Sociocultural da Ramallosa. A inscrición é gratuíta e para participar só hai que anotarse no CIM chamando ó 981 80 97 07.

Nas últimas semanas o CIM, dependente da concellería de Igualdade e Benestar, estivo organizando obradoiros de risoterapia en colaboración con varias asociacións do Concello e cunha alta participación. Esta boa aceptación desta actividade é unha das razóns de organizar unha nova edición, esta vez aberta a calquera cidadán, sen ser canalizado a través de ningún colectivo.

Os talleres duran seis horas e están impartidos por persoal do propio Centro de información á muller. Con esta iniciativa na que se realizan dinámicas que buscan o sorriso quérese conseguir un estado de ánimo optimista, ter capacidade para xerar risa voluntaria e mellorar o benestar e a calidade de vida das mulleres.

Noutra orde de cousas o CIM tamén ten programada unha charla sobre saúde que impartirán o Dr. Cajide,  xinecólogo, e a psicóloga do Centro o 11 de xuño a partir das 19.00 horas no Centro Sociocultural da Ramallosa. A asistencia será aberta sen previa inscrición. 


Ningún comentario: