A alcaldesa de Melide asina un convenio coa Consellería de Medio Rural para o arranxo da estrada Melide-Sobrado

Melide, 08/08/2016 - A conselleira de Medio Rural, Dona Ánxeles Vázquez, ven de asinar convenios cos concellos das catro provincias galegas co galo de arranxar e renovar os camiños municipais dentro do Plan de Emerxencias da Consellería de Medio Rural.
A provincia da coruña recibirá 654.027 dentro dos cales está incluído o convenio de Melide – Sobrado. A alcaldesa de Melide, Dalia García, asinou o convenio para a execucción da parte da obra que corresponde ao municipio de Melide esta semana facendo unha previsión da execución das obras para o vindeiro mes de setembro. 

Máis de 60.000 euros que mellorarán un tramo máis da pista na que este pasado febreiro se executaron obras de mellora do firme cun montante aproximado de 118.000 €. Este convenio permitirá seguir afondando no arranxo total de cara a vindeiras actuacións para mellorar a conexión intermunicipal e os servicios dos veciños e veciñas de Melide.

Ningún comentario: