AYUNTAMIENTO DE TEO


O GRUPO DE GOBERNO CONDENA OS ATAQUES ANTIDEMOCRÁTICOS ANÓNIMOS ÁS FORZAS POLÍTICAS LOCAIS


·        O alcalde, Martiño Noriega, condena o ataque con pintura á sede do PSOE teense

·        Na zona de Cacheiras apareceron papeis anónimos pegados en locais municipais e marquesinas insultando ós membros do grupo de goberno

·        PSOE e BNG xa presentaron denuncia na Policía Local por estes feitos


30 de abril de 2010. O grupo de goberno condena os ataques antidemocráticos que están sufrindo nestes días varias forzas políticas locais. Hoxe mesmo o PSOE de Teo e o BNG presentaron denuncia diante da Policía Local por ataques absolutamente inxustificados.

A sede do PSOE teense, situada en Cacheiras, foi atacada con pintura, mentres que tamén en varios lugares de Cacheiras apareceron papeis anónimos pegados en locais municipais e marquesinas nos que se insulta ós membros do grupo de goberno. O alcalde Martiño Noriega, condena “calquera tipo de actuación deste tipo que non  se enmarca no xogo político e democrático e que non é xustificable nunca”.

Ningún comentario: