PP MELIDE


ÁNXELES VÁZQUEZ ARRANCA O COMPROMISO DO XEFE TERRITORIAL DE MEDIO RURAL DE ENTREGAR OS TITULOS DE PROPIEDADE DA CONCENTRACIÓN PARCELARIA DE MACEDA-OROIS DESPOIS DO VERÁN

·       A voceira do PP adquiriu o compromiso de Enrique Salvador de presupostar por parte da Consellería os mais de 480.000 € necesarios para acabar o proceso

Melide, 1 de maio de 2010. A representante popular Anxeles Vázquez mantivo o pasado xoves unha xuntanza co Xefe territorial de Medio Rural, Enrique Salvador para interesarse pola situación da concentración parcelaria de Maceda- Orois, a única do Concello de Melide e que leva varios anos aberta.

Vázquez amosou a súa satisfacción despois da xuntanza
“xa que por fin se adquiriu por parte da Consellería o firme compromiso de entrega de títulos de propiedade  despois do verán, momento en que non hai colleitas nas fincas”.

A voceira do PP de Melide instou a Enrique Salvador a presupostar o antes posible os mais de 480.000 € necesarios para acometer obras de adecentamento, para desfacer valos, facer as entradas ás novas fincas e para rematar camiño secundarios, feito que será realidade en breve. Segundo a voceira popular o Xefe Territorial de Medio Rural comprometeuse a rematar esta concentración de forma prioritaria debido a que os propietarios non poden agardar mais e non pode haber mais retrasos.
A representante popular valorou positivamente a boa vontade da Xunta para solucionar este problema, “porque esta actuación permitirá mellorar a calidade de vida dos veciños afectados que levan anos esperando unha solución, que agora, o novo Goberno do PP colocou enriba da mesa e que estará resolta nuns meses”.

Ningún comentario: