PP ARZUA


O PP anima ós empresarios e ás entidades de Arzúa a solicitar axudas da Xunta para actividades de conservación, protección e difusión do Camiño de Santiago

·        Os populares informan que o prazo para pedir estas subvencións da Consellería da Cultura rematan o 31 de maio

Arzúa, 1 de mayo de 2010.- Os populares arzuáns informan que a Consellería de Cultura e Turismo ven de publicar no Diario Oficial de Galicia de hoxe a “Orde do 21 de abril de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para empresas privadas e entidades sen ánimo de lucro que realicen actividades de conservación, protección e difusión do Camiño de Santiago e se procede á súa convocatoria para o ano 2010.”
Estas axudas, ás que se poden acoller tanto empresas e profesionais como institucións sen ánimo de lucro do noso concello (inscritas no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago),  cubrirán un 70% de investimentos que teñan como obxectivo a conservación, protección e divulgación dos Camiños de Santiago (en Arzúa os camiños son: Francés e do Norte).
O PP de Arzúa informa que cada beneficiario poderá percibir un máximo de 3.000 €, sendo compatible esta axuda con calquera outras, sempre que non se supere o custo da actividade.
Serán actuacións subvencionables aquelas realizadas entre o 1 de xaneiro de 2010 e o 31 de outubro de 2010, e tales como:
·        Colocación de barreiras vexetais autóctonas
·        Reparación de peches tradicionais
·        Intervención en fachadas, cubertas e elementos accesorios nos contornos das edificacións (poderanse engadir novos volumes respectando o entorno tradicional)
·        Acondicionamento das terrazas en establecementos de hostalaría e outros espazos exteriores
·        Colocación e/ou retirada de paneis informativos e outros sinais
·        Campañas publicitarias, xornadas, seminarios, cursos ou material divulgativo, nos que se faga relación ós elementos patrimoniais e valores culturais asociados ao Camiño de Santiago.
A Consellería de Cultura e Turismo dedica un importe total para esta convocatoria de 295.000 €, destinándose 195.000 € a entidades sen ánimo de lucro e 100.000 € a empresas privadas e profesionais.
Dende o PP de Arzúa amosan a súa satisfacción porque a Xunta esté a realizar esta potenciación do sector empresarial e das entidades culturais por medio destas axudas, que seguro que serán ben acollidas en Arzúa, onde os beneficiarios potenciais son moi numerosos.
As persoas que desexen ampliar información sobre este asunto poden facelo en:
Solicitude:
Prazo:
Ata o 31 de maio
Además la información está disponible en la web www.ppdearzua.es

Ningún comentario: