O grupo municipal do BNG en Ordes, presentará no vindeiro Pleno unha proposta para humanizar e peonalizar a Rúa do Mercado e o tramo inferior da Rúa Compostela
Ramiro Recouso, portavoz nacionalista, lembra que “historicamente, Ordes, sufriu unha pésima xestión urbanística que provocou que sexa unha Vila moi pouco atractiva, onde sempre se primou o espazo pra o tráfico de automóbiles en detrimento dos espazos peonís.”
O BNG de Ordes pretende comezar a mudar esta situación “plantexando a elaboración e posterior execución dun proxecto de humanización e peonalización das dúas rúas, hoxe por hoxe, mais comerciais da Vila de Ordes que son a Rúa do Mercado e a Rúa de Compostela”
Ramiro Recouso, sinala que “o que pretendemos con esta humanización é favorecer a dinamización comercial destas rúas e a mellora da calidade de vida de veciños e transeúntes ampliando os espazos peonís mediante a ampliación da beirarrúas e a peonalización dalgún tramo das mesmas”
A proposta que o BNG levará a Pleno plantexará:
· Peonalización da Rúa do Mercado, desde o número 1 ao 12 (intersección coa Rúa Compostela) deixando so un carril de circulación para urxencias e acceso a garaxes.
· Na Rúa do Mercado, dende o nº 13 ate final, supresión de estacionamento nunha marxe da rúa e ampliación das beirarrúas.
· Na Rúa de Compostela, entre Rúa do Mercado e Campo da Feira, supresión de estacionamento nunha marxe da rúa e ampliación das beirarrúas.

Ningún comentario:
Publicar un comentario