A feira de cervexas artesáns dáse cita en Melide: O Melidefest o 23 e o 24 en Melide
· Fabricantes de cerveza artesá de Vigo, Cangas, Barro, Allariz, Ourense e Santiago de Compostela daránse cita na Feira de Cervexas Artesás Galegas, O Melidefest.
Terá lugar o vindeiro sábado 23 e 24 de novembro, na carpa habilitada para tal fin no Cantón de San Roque da vila en horario de 12.00 h a 0.00 h ambos os dous días.
A cervexa artesá está feita dun xeito máis natural, sen filtrados nin pasteurización, cunha fermentación máis lenta. A un prezo de 2 € caña poderán degustarse 20 tipos diferentes de cervexas.
A gastronomia estará presente tamén no Melidefes con tapas de setas da Terra de Melide e doces tradicionais, como non podía ser doutro xeito, melindre, rico e amendoado.
A animación musical correrá a cargo dos Estoupacaldeiros de Rábade. Tamén se poderá desfrutar da exposición de cadros feitos con cervexa, da pintora do Porriño, Inia Vilar.
O Concelleiro de Turismo. Santos Lòpez, afirma que a Feira atraerá moitos visitantes amantes deste produto natural e no que primeira vez se xuntan todos os fabricantes de Galicia no sector. Dinamizará por outro eido 4 importantes sectores:comercio, hosteleria, restauraciòn e pernotaciòn.
Toda a información de interese pódese consultar na web do evento http://melidefest.blogspot.com.es/
Ningún comentario:
Publicar un comentario