OS SOCIALISTAS AMOSAN A SÚA COMPLETA SORPRESA E INDIGNACIÓN ANTE A SUPOSTA CONVOCATORIA DA COMISIÓN DA AUGA SEN SER INFORMADOS PREVIAMENTE
O Grupo Socialista manifesta que se enteraron polos médios de comunicación da convocatoria para o mércores 20, e din que a xuntanza estaba prevista para o mércores 27, segundo a información facilitada pola concelleira de Medio Ambiente
O Grupo Municipal Socialista afirma que non entende nada do que está a acontecer en Ames co asunto da auga e amosan a súa sorpresa ante a información que aparece en distintos medios de comunicación e onde se informa que hoxe terá lugar a xuntanza da Comisión da auga, e da cal este grupo a estas alturas carece de comunicación oficial da celebración da mesma.
Os Socialistas onte mesmo metíamos un escrito por rexistro pedindo a convocatoria dunha reunión urxente desta comisión para que se nos explicara todo o acontecido e ter acceso ao expediente. Polo tanto, sobra dicir que nos parece ben que teña lugar esta xuntanza canto antes, pero o que non estamos dispostos a consentir é a mentira coa que o Goberno intenta lavar a cara sobre este asunto dicindo na prensa que se convocou esta comisión cando o noso Grupo, tal e como manifestamos anteriormente, non ten coñecemento fidedigno de tal xuntanza da Comisión. É máis, para hoxe está convocada unha xuntanza para tratar o Regulamento do ciclo integral da auga, que nada ten que ver co tema que estamos a tratar, e convocada desde a semana pasada.
O luns a concelleira delegada deste asunto, Eugenia Martín, pedíanos data e hora para reunirnos para a vindeira semana de cara ao asunto do prego da auga a raíz do noso escrito no que solicitábamos unha reunión urxente da comisión. Para o Grupo Socialista facer unha reunión para a semana non era todo o urxente que nos gustaría pero accedimos a que se convocase e demos toda a nosa disponibilidade para a mesma por non empezar poñendo obstáculos e porque como xa dixemos en comunicados anteriores, temos pensado actuar con responsabilidade -como sempre- pola importancia deste asunto, e non cegarnos en pedir dimisións e outra serie de medidas que agora mesmo só entorpecerían e liarían a reparación do erro e da mala xestión do goberno de Amor. Pero a nova de onte –de confirmarse- xa nos parece un ”sinsentido” e unha provocación en toda regra porque demostraría que o Partido Popular de Ames non acabou de entender que sen diálogo e sen unidade non é capaz de resolver nin este asunto nin ningún outro, e nós como Grupo maioritario da oposición non estamos dispostos a ser marionetas de ninguén porque representamos a un elevado número de veciños e veciñas que nos elixiron para defender os intereses de Ames, e non para loitar por sacar tallada política ou pensar xa en réditos electorais.
O portavoz socialista, José Miñones manifestou que “o goberno de Amor xa nin fala, nin escoita, nin ve. Non dan unha a dereitas e levan a este Concello a pique. Ingobernan a base de improvisación e mentiras e só de cara á galería”.
No momento de realizar este comunicado (martes 19 o mediodia) acabamos de recibir un escrito do goberno no que se nos facilita o acceso ao expediente do proceso de licitación da auga e no que textualmente se nos di: “Así mesmo, Infórmolle que proximamente se convocará a comisión e se lIe dará copia de dita documentación no seo da mesma”.
Polo que, que podemos pensar deste goberno? Desta maneira é como intentan buscar o consenso e o diálogo? “O que está claro é que a Santiago Amor e ao seu goberno quédalle un largo treito por andar para chegar á senda do respecto democrático e do diálogo institucional”, remata Miñones.
Ningún comentario:
Publicar un comentario