Vedra - VII Semana da ciencia e a tecnoloxía

O Concello de Vedra organiza as VII Xornadas da Ciencia e a Tecnoloxia
Nesta ocasión este proxecto leva o título de: “A Reciclaxe tamén é Ciencia”
A programación pretende encher esta próxima fin de semana de actividades interesantes.

Para poñer en marcha estas xornadas, que mobilizarán a máis de 200 escolares, durante esta semana está na Biblioteca Municipal a exposición: “O noso mundo, o noso futuro a nosa opción” da Consellería de Medioambiente, Territorio e Infraestructuras que durante estes días será visitada polos escolares vedreses e por todas aquelas persoas que así o desexen.

O Concello de Vedra pretende con este proxecto dinamizar e facer interactuar a vida educativa coa familiar, nunha cita que se está a facer xa ineludible na programación municipal.

Nesta ocasión para o desenvolvemento da actividade contouse coa colaboración de Gadis e da Fundación Barrié.

Non o dúbides e participa en calquera das súas actividades!! Agardamoste

Ningún comentario: