Melide - Nova plataforma de información turísica

O Concello de Melide lanza unha nova plataforma de información turística. 
Melide contará en breve cunha plataforma web avanzada para dar a coñecer o seu patrimonio histórico, artístico, gastronómico e festivo. 
Estará baseada nas últimas tendencias tecnolóxicas a nivel gobal e con esta nova ferramenta dará o protagonismo aos propios visitantes da vila por medio das redes sociais de maior demanda. 

Os usuarios de dita plataforma web serán quenes poderán comentar moitas das suas experiencias, subir fotografías e propagar pola rede o nome de Melide e os seus múltiples alicientes. Melide, como un concello de unión de duas importantes rutas do Camiño de Santiago, o Francés e o Primitivo, achegará aos peregrinos toda a información útil que podan necesitar tan só co requisito de contar con conexión de datos no seu teléfono móvil. Non só eles, senón que calquera persoa que se achegue a Melide, poderá dende o seu Smartphone guiado por Google Maps aos máis de 200 comercios xeoreferenciados. Tambén poderá dende o promio terminal móvil, hacer un percorrido virtual en 360º polos principaes monumentos da vila. Para os que decidan achegarse personalmente aos importantes monumentos e xoias do románico habilitarase un sitema de información baseado en códigos QR no se explicará en varias línguas, galego, castelán e inglés a característica de cada monumento. Historia, patrimonio, Camiño de Santiago, gastronomía, comercio, pesca, festas e ocio nocturno poderán estar nun instante tanto en ordenadores, tabletas e teléfonos móviles situando a Melide na vangarda turística dos Concellos galegos.

O actual equipo de goberno tamén traballa pola mellora das comunicación achegando aos cidadáns as potencialidades da vila e incentivando a propia interación tanto con veciños e veciñas como con visitantes. Unha das ferramentas coas que conta o Concello para achegar as novas locais á todos os veciños é Radio Melide, emisora cuxa cobertura se adapta á lei vixente en canto a potencia concedida e utilizada onde se veñen detectando áreas de sombra dende o seu funcionamento que son inevitables debido a orografía na que se sitúa o Concello. O goberno local está a estudar diferentes vías como as de poner en marcha a radio por internet ferramenta a través da cál permitiríamos unha difusión a nivel mundial. 

Ningún comentario: