Psoe Ames - Solicitude de documentación sobre o concurso de abastecemento de auga

Rematado o prazo de presentación de empresas que estivesen interesadas no proceso de licitación do ciclo integral da auga do Concello de Ames e tal e como recollen varios medios de comunicación e tamén aparece publicado na Web do Concello, non se presentou ningunha empresa a dito concurso.
Por elo dende o noso grupo acabamos de presentar un escrito por rexistro solicitando unha xuntanza urxente para tratar éste tema e pedimos que nos aporten copia das alegaccións que presentaron as empresas a dito proceso e maila contestación que se lles deu dende o Concello.


O Grupo Municipal Socialista do Concello de Ames, ao abeiro do establecido no artigo 14 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais.
Con respecto ao Proceso de licitación do ciclo integral da auga,
  • Solicitamos acceso e copia das alegaccións que presentaron as empresas a dito proceso.
  • Solicitamos acceso e copia das respostas dadas polo Concello de Ames tanto as alegaccións como a calquer outro tipo de preguntas feitas polas diferentes empresas.
  • Solicitamos reunión urxente da comisión para analizar éste asunto o antes posible.
Ames, 18 de Novembro de 2013.

Ningún comentario: