O BNG CRITICA A SUPRESIÓN DA ACCESIBILIDADE Á BIBLIOTECA
MUNICIPAL COAS OBRAS DE AMPLIACIÓN DO CONCELLO
Os nacionalistas afirman que as obras de ampliación do
concello non son prioritarias e as califican de despilfarro
Ramiro Recouso, concelleiro do BNG de Ordes, manifestou que
“coas obras de ampliación do Concello tense suprimido a accesibilidade á
biblioteca municipal, impedindo que as persoas con problemas de mobilidade ou
en cadeira de rodas poidan acceder á mesma, ao ter que baixar forzosamente un
elevado número de escaleiras”.
O concelleiro nacionalista, ademáis de criticar “a
improvisación con que se executan unhas obras que deixan sen accesibilidade
unha instalación pública como a biblioteca municipal”, fixo fincapé en que “desde
o BNG xa temos manifestado en reiteradas ocasións que no momento actual as
obras da nova casa do Concello non constituen unha prioridade, e propuxemos no
Pleno que os recursos que se van destinar á súa execución fosen destinados a
actuacións para a mellora dos servizos sociais e para a creación de emprego,
como a praza de abastos e un viveiro de empresas”.
Ramiro Recouso criticou a actitude dun “goberno que non
escoita aos veciños, que se teñen oposto á reclasificación urbanística dos
terreos para a nova casa Consistorial, presentando máis de 150 alegacións”.
O concelleiro do BNG emplazou ao alcalde “a que abandone
definitivamente a súa política de despilfarro en cemento e formigón, cuxo
paradigma son as obras de ampliación da alameda, xa que, o que necesitan os
veciños e veciñas de Ordes é que se utilicen os fondos públicos para mellorar
os servicios sociais e para crear emprego.”
Ningún comentario:
Publicar un comentario