BNG AMES - MOCIONS ULTIMO PLENO



Apróbase a proposta do BNG de conxelar 11 taxas públicas.

Ames . 2 de novembro de 2010. O Pleno da Corporación Muncipal de Ames aprobou a conxelación de 11 taxas e prezos públicos, a proposta do BNG. Os veciños e veciñas de Ames, no ano 2011, pagarán o mesmo polo imposto de vehiculos, pola licenza de obras, ou pola utilización dos locais culturais e deportivos, asi como pola colocacion de terrazas, vados, ou apertura de establecementos etc.
 O BNG xustificou esta proposta de conxelación de taxas e prezos públicos en  base ao contexto de crise xeralizado, á politica de rebaixa de salarios por parte das Administracións, á conxelación de pensións e as reducidas cantidades ingresadas por estes conceptos.
Por outra parte, o BNG apoiou todas as modificacións técnicas das Ordenanzas que as harmonizan e que facilitan o seu cumprimento por parte dos veciños e veciñas. Asi mesmo, tamén votou a favor do incremento do IPC naquelas ordenanzas que son de obrigado cumprimento polos contratos coas concesionarias como o servizo de abastecemento de auga, saneamento ou a piscina cuberta municipal.
O Pleno insta á Xunta de Galiza a que manteña o Noitebus
O Pleno da Corporación tamén aprobou a moción do BNG instando á Xunta de Galiza a manter o servizo de Noitebús.
O BNG considera unha irresponsabilidade por parte deo Partido Popular suprimir un servizo que ten demostrado a súa eficacia, e ten contribuído a eliminar vitimas e a concienciar  sobre a condición segura. Segundo afirmou a Plataforma Stop accidentes  “ sempre é máis barato previr que lamentar”.

Ningún comentario: