O PSOE DE TRAZO PEDIRÁ INFORMACIÓN AO ALCALDE SOBRE A SITUACIÓN E O FUTURO DO LOCAL SOCIAL DE BENZA
MÁIS DUN CENTO DE PERSOAS ACOMPAÑARÁN MAÑÁ SÁBADO AO REALIZADOR OROSÁN MANUEL M. SUÁREZ NA PRESENTACIÓN DA SÚA CURTAMETRAXE "ILLAS"
11 de decembro de 2009.- O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, presidirá mañá sábado 12 de decembro, ás 20:00 horas, a presentación da curtametraxe “Illas, cando o deserto está en un mesmo”, do realizador orosán Manuel M. Suárez. Unha presentación que terá lugar no Centro Cultural Fernando Casas e Novoa de Sigüeiro e na que se agarda a presenza de máis de cen persoas que, ademais da estrea desta nova curtametraxe, tamén poderán tamén asistir á proxección de “Mind the gap”, unha curta rodada por Manuel M. Suárez hai tres anos.
“Illas, cando o deserto está en un mesmo” é unha curtametraxe de 16 minutos sobre “a incomunicación entre a xente e as relacións de parella”, explica Manuel M. Suárez. Unha curta que trata sobre “a vida do ser humano. Fala da soedade, de que nos pechamos en nós mesmos e detemos a comunicación cos demais, polo que se perden oportunidades de vivir que poden dar cousas importantes”, en palabras do realizador orosán.
Esta curtametraxe é unha producción da empresa orosán Sin Productions, foi subvencionada pola Consellería de Cultura e conta coa colaboración do Concello de Oroso. Foi rodada nas localidades de Sigüeiro, O Grove e Santiago de Compostela.
Actores e departamento técnico
“Illas, cando o deserto está en un mesmo” está protagonizada por Iago García (coñecido polo seu papel en “Matalobos”) e Victoria Pérez, e conta coa participación dos actores Aitana Guerra, Daniel Vázquez, Suso Alonso, Sepi Bazarra, Marta Eiriz, Nerea Barros, Roberto Gómez, Silvia López, José Grela, Carlos Rey, Paula Morgade, Guiller Gallego, Blanca Cendán, Fernando Moares, Raquel García, Mario Docampo, Paula Santiago, Martín Alonso, Susana Crespo, José Iglesias, Elsa Barcala e Jesús Mera.
A curtametraxe foi dirixida por Manuel M. Suárez, quen tamén se encargou do guión. Ademais, contou coa participación de Alberto Lobelle (axudante de dirección), Estefanía García e Carmen Rey (producción), Fernando Dans (operador de cámara), Joaquír Riera (son), Miguel A. Gómez (iluminación), Jorge González (script), Raquel F. Fidalgo e María Illobre (maquillaxe), María P. (vestiario), Juan Iglesias (atrezzo) e Roi Sande (etalonaxe).