Teo - O alcalde non asistirá a entrega de tñitulos da parcelaria de Calo

 O alcalde explica que “dende o Concello están a ter todo o capital humano a disposición para traballar pero non a complicidade para unha foto propagandística”

·O acto de entrega farase no pavillón de Calo hoxe mércores entre as 11:00 e as 13:30 horas e as 17:00 e as 19:00 horas

O alcalde de Teo, Martiño Noriega, acordou non asistir ó acto de entrega dos títulos da concentración parcelaria de Calo que terá lugar mañá mércores 18 no pavillón polideportivo da parroquia. Esta decisión adóptase en sinal de protesta “polo que nós entendemos como unha mala organización do acto que denota a falla de respecto absoluto aos veciños e veciñas da parroquia”. A concentración de Calo é un proceso que comezou hai 22 anos e afecta a máis de 1.600 propietarios. 

A organización deste acto “é inadecuada dende o comezo, coa comunicación por canles partidarias da entrega a través dunha xuntanza entre a delegada da Xunta e o voceiro do Partido Popular de Teo” destaca o rexedor teense. O Concello toma unha actitude proactiva e interésase por como se vai realizar a entrega e a comunicación previa ós veciños cun escrito remitido o 3 de decembro á Delegada da Xunta na Coruña. A resposta da Xunta de Galicia “considerámola claramente deficiente e non garante un remate digno para pechar un proceso tan longo de máis de dúas décadas” di o alcalde. 

Dende o Concello tense colaborado nas últimas semanas en todo o solicitado dende a Consellería de Medio Rural, dende a cesión da infraestrutura, o desprazamento de medios e mesmo a difusión do acto “co único interese de que os propietarios poidan recoller o título en Calo e non teñan que desprazarse posteriormente a Coruña”. A pesar da disposición municipal “temos o convencemento de que dende a xénese este acto non se organizou de xeito adecuado e co interese de que os veciños recollan as escrituras”. 

Ante esta situación Noriega non asiste ó acto evidenciando que a administración competente en materia de Medio Rural non fixo todo o posible para que a entrega se realice correctamente. Dende o Concello de Teo destácase que na memoria recente está a entrega realizada en Cacheiras no ano 2010 feita con maior previsión e organización. 

Nesta ocasión “déusenos unha data pechada con moi pouca antelación sen posibilidade de movela pola inflexibiliadade da Xunta e decidiron non convocar aos propietarios a reunións preparatorias, coma noutros procesos”. De feito a única difusión realizada do acto é a que se fixo dende o Concello de Teo xa que dende a Xunta non se realizou ningún tipo de comunicación directa coa cidadanía. 

Segundo especifica a Xunta os propietarios que non recollan o seu título mañá no pavillón de Calo deberán recollelos na Xefatura de Servizo de Infraestruturas Agrarias (edificio administrativo de Monelos, 6º andar, na rúa Vicente Ferrer número 2 da Coruña). 

O acto de entrega mañá comezará ás 11:00 horas aínda que as portas do local se abrirán ás 10:00. O persoal da concentración entregará as escrituras entre as 11:00 e as 13:30 horas e de 17:00 a 19:00 horas. As persoas que recollan os títulos deberán presentar o seu DNI e unha autorización se non son os propietarios. 



A parcelaria de Calo comezou no ano 1991 e concentrou unha superficie de 1.033 hectáreas. Segundo os datos da Xunta este proxecto permitiu ós 1.662 propietarios da zona reducir o número de parcelas dende as 10.844 iniciais ás 2.663 fincas resultantes e alcanzar unha superficie media de 2.787 metros cadrados.
O ALCALDE DE TEO NON ASISTIRÁ A ENTREGA DOS TÍTULOS DA CONCENTRACIÓN PARCELARIA DE CALO EN DESACORDO COA ORGANIZACIÓN DO ACTO 





· O alcalde explica que “dende o Concello están a ter todo o capital humano a disposición para traballar pero non a complicidade para unha foto propagandística” 



· O acto de entrega farase no pavillón de Calo mañá mércores entre as 11:00 e as 13:30 horas e as 17:00 e as 19:00 horas 



17 de decembro de 2013. O alcalde de Teo, Martiño Noriega, acordou non asistir ó acto de entrega dos títulos da concentración parcelaria de Calo que terá lugar mañá mércores 18 no pavillón polideportivo da parroquia. Esta decisión adóptase en sinal de protesta “polo que nós entendemos como unha mala organización do acto que denota a falla de respecto absoluto aos veciños e veciñas da parroquia”. A concentración de Calo é un proceso que comezou hai 22 anos e afecta a máis de 1.600 propietarios. 

A organización deste acto “é inadecuada dende o comezo, coa comunicación por canles partidarias da entrega a través dunha xuntanza entre a delegada da Xunta e o voceiro do Partido Popular de Teo” destaca o rexedor teense. O Concello toma unha actitude proactiva e interésase por como se vai realizar a entrega e a comunicación previa ós veciños cun escrito remitido o 3 de decembro á Delegada da Xunta na Coruña. A resposta da Xunta de Galicia “considerámola claramente deficiente e non garante un remate digno para pechar un proceso tan longo de máis de dúas décadas” di o alcalde. 

Dende o Concello tense colaborado nas últimas semanas en todo o solicitado dende a Consellería de Medio Rural, dende a cesión da infraestrutura, o desprazamento de medios e mesmo a difusión do acto “co único interese de que os propietarios poidan recoller o título en Calo e non teñan que desprazarse posteriormente a Coruña”. A pesar da disposición municipal “temos o convencemento de que dende a xénese este acto non se organizou de xeito adecuado e co interese de que os veciños recollan as escrituras”. 

Ante esta situación Noriega non asiste ó acto evidenciando que a administración competente en materia de Medio Rural non fixo todo o posible para que a entrega se realice correctamente. Dende o Concello de Teo destácase que na memoria recente está a entrega realizada en Cacheiras no ano 2010 feita con maior previsión e organización. 

Nesta ocasión “déusenos unha data pechada con moi pouca antelación sen posibilidade de movela pola inflexibiliadade da Xunta e decidiron non convocar aos propietarios a reunións preparatorias, coma noutros procesos”. De feito a única difusión realizada do acto é a que se fixo dende o Concello de Teo xa que dende a Xunta non se realizou ningún tipo de comunicación directa coa cidadanía. 

Segundo especifica a Xunta os propietarios que non recollan o seu título mañá no pavillón de Calo deberán recollelos na Xefatura de Servizo de Infraestruturas Agrarias (edificio administrativo de Monelos, 6º andar, na rúa Vicente Ferrer número 2 da Coruña). 

O acto de entrega mañá comezará ás 11:00 horas aínda que as portas do local se abrirán ás 10:00. O persoal da concentración entregará as escrituras entre as 11:00 e as 13:30 horas e de 17:00 a 19:00 horas. As persoas que recollan os títulos deberán presentar o seu DNI e unha autorización se non son os propietarios. 

A parcelaria de Calo comezou no ano 1991 e concentrou unha superficie de 1.033 hectáreas. Segundo os datos da Xunta este proxecto permitiu ós 1.662 propietarios da zona reducir o número de parcelas dende as 10.844 iniciais ás 2.663 fincas resultantes e alcanzar unha superficie media de 2.787 metros cadrados.

Ningún comentario: