A proposta será aprobada na sesión plenaria de hoxe
O pleno municipal de Brión celebrará hoxe mércores 18 de decembro a súa sesión ordinaria, durante a que se aprobará a proposta ao Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de competencia municipal (POS 214), que no caso de Brión ascende a 234.187 euros. O alcalde de Brión, Xosé Luís García, proporá destinar 93.646 euros ao mantemento de beirarrúas e estradas no municipio e outros 140.469 euros a gasto corrente.
Os dous proxectos de obras serán: mantemento de beirarrúas nas parroquias de Brión e Os Ánxeles (37.105 euros) e mantemento de estradas de Brión de Arriba a Riazoas, Gronzo e Brión de Abaixo (Brión), Casaldoeiro (Bastavales), Moldes (Luaña) e Pousada (Viceso). Uns cartos que se investirán na consecución do material preciso, xa que os traballos serán executados pola brigada de obras do Concello de Brión.
A sesión desenvolverase de acordo coa seguinte orde do día:
Aprobación da acta da sesión do 16.10.2013.
Relación de decretos ditados desde a última sesión ordinaria, do 10.10.2013 ao 13.12.2013.
Aprobación da proposta da alcaldía sobre o plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (POS 2014 ).
Aprobación da proposta da alcaldía sobre elección de xuíz de paz titular e substituto do xulgado de paz de brión.
Dación de conta dos informes trimestrais sobre cumprimento dos prazos previstos na lei 15/2010, de loita contra a morosidade, dos anos 2010, 2011, 2012 e 1º, 2º e 3º trimestres de 2013.
Dación de conta do informe de avaliación de estabilidade e da regra do gasto correspondente ao terceiro trimestre de 2013.
Aprobación da proposta da alcaldía sobre recoñecemento extraxudicial de créditos 04/2013.
Mocións.
Rogos e preguntas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario