O PSOE de Ordes organiza unha charla sobre a paralización da concentración parcelaria de Parada
Terá lugar o mércores 18 de decembro, ás 20:00 horas, no local social da parroquia e falarán Pablo García e Xesús Pedreira
A Agrupación Socialista de Ordes organiza este mércores 18 de decembro unha charla informativa sobre a paralización da concentración parcelaria de Parada. Unha iniciativa aberta a todos os veciños e veciñas desta parroquia ordense e que terá lugar no local social de Parada a partir das 20:00 horas.
A charla contará coa participación de Pablo García, deputado autonómico e vociero do PSOE en materia de Medio Rural, e de Xesús Pedreira, secretario xeral da Agrupación Socialista de Ordes. A entrada é totalmente libre.
Ningún comentario:
Publicar un comentario