Cáritas Parroquial colabora igualmente no evento dirixido a recadar fondos para axudar aos máis necesitados.
O rastrillo ubicarase unha vez máis na Praza do Convento da vila. A inauguración correrá a cargo da alcaldesa de Melide, Ánxeles Vázquez, ás 18.00 h.
Melide celebrará o vindeiro fin de semana a II edición do Rastrillo Solidario en colaboración con Cáritas Parroquial, iniciativa que naceu o ano pasado e que contou cunha grande aceptación entre a veciñanza. Recadaronse preto de 6000 € na pasada edición e nesta as expectativas están postas en acadar, ou, senon superar, o rastrillo anterior.
O método de funcionamento non é outro máis que a solidaridade por parte de veciños e comercios que participan de forma activa no rastrillo coas suas doazóns desinteresadas. Doazóns que serán vendidas posteriormente a un prezo máis baixo ca o de mercado co fin de recadar fondos para axudar aos colectivos que precisen da solidaridade doutros. Cáritas Parroquial leva a cabo esta iniciativa coordinada e respaldada polo Concello de Melide por entender que a institución local ten que estar na vangarda destas iniciativa sen embargo, está capitaneada polo asociacionismo nesta materia apelando ao mellor coñecemento do medio e das necesidades daqueles que máis o necesitan polas diferentes circunstancias da vida.
Ningún comentario:
Publicar un comentario