Santiago - teatro Yllana presenta Far West

‘Far West’, primeira incursión de Yllana no xénero do Western
· Será no Auditorio de Novagaliciabanco esta noite
Benvidos a Far West, a primeira incursión de Yllana no xénero do Western. A través da epopea dos nosos antihéroes, penetrarémonos nun mundo salvaxe e senlei; visitaremos tribos indias, cantinas de mala morte, desertoscheos de perigos, duelos ao sol, grandes persecucións e, como en todo bo western, acción, moita acción. Yllanahomenaxea con este novo espectáculo o mundo das películas do oeste, que tanto estimularon a nosa imaxinación e fixeronxogar; aos seus heroes, os seus viláns, as súasfronteiras e aos homes que se atreveron a desafialas.

Un pacífico e sinxelogranxeiro recibe, nunha polvorienta estación de tren no afastado oeste, á súa prometida. Pero antes de que poidan darse o primeiro bico, é secuestrada por dous malísimos fuxidos en busca e captura. O noso improbable heroe intentará por todos os medios ao seu alcance rescatar ao seu amor, mentres que esta, durante o seu secuestro, atopará dentro dela valores que ela mesma descoñecía, que a transformarán nunha auténtica heroína.

Ficha artística
Autor – Dirección: Yllana - Juan Francisco Ramos / David Ottone
Elenco: Antonio de la Fuente, César Maroto, Susana Cortés, Rubén Hernández

Técnica teatral: Humor
Duración do espectáculo: 75 minutos
Público: para todos os públicos
Idioma: sen palabras (videoproxección en castelán).

A COMPAÑÍA
Descrición

Yllana é creatividade.
Creada en 1991 como compañía de teatro de humor xestual, na actualidade, diversificou a súa actividade, ofrecendo diferentes prestacións no mundo do espectáculo como empresa dedicada á produción, distribución e promoción de espectáculos.

A súa aposta céntrase no humor sen palabras. Un humor universal que soubo chegar a multitude de escenarios por todo o mundo.

Logo de 20 anos en escena, Yllana é xa unha empresa consolidada no sector, caracterizada pola profesionalidade e complicidade que confire a todos os seus proxectos e con infinidade de premios, recoñecementos e espectáculos que xa están na historia do teatro de comedia.

Culturactiva SCG é a distrubuidora en exclusiva para Galicia dos espectáculos de Yllana.

Ningún comentario: