O esperpento instálase no concello de Ames. Os cinco membros do PP de Ames votaron a favor da reprobación da súa propia compañeira Eugenia Martín. Reprobación que foi aprobada por unanimidade.
Ante tal cúmulo de despropósitos, ignorancia, desesperación, falta de educación e descoñecemento da actividade municipal, chegaron ao extremo de botarse publicamente as culpas uns compañeiros de goberno a outros.
Nun pleno de 4 horas a única nova positiva foi a aprobación da moción presentada por PxA instando a Xunta de Galicia e ao goberno municipal para que se cumpran os compromisos de ampliación da depuradora de Sisalde en Bertamiráns.
De esperpento e ridículo máis absoluto pódese cualificar o pleno de onte no concello de Ames. A moción para a reprobación da concelleira de deportes Eugenia Martín, presentada polos socialistas, foi aprobada por unanimidade e como consecuencia, o goberno e a propia concelleira de deportes votaron a favor da súa propia reprobación. O descoñecemento do funcionamento das institucións municipais e da actividade municipal é tan clamoroso que ata o propio goberno se bloqueou sen saber por onde sair.
A situación máis lamentable chegou no apartado de rogos e preguntas cando se preguntou pola subvención para a contratación de 5 mulleres afectadas pola violencia machista e que se perdeu porque os membros do goberno non fixeron os trámites correspondentes. Anta a falla argumentos os membros do goberno botáronse a culpa uns a outros intentando “escorrer o bulto” sen darse conta que poñían en evidencia, unha vez máis, a súa falta de aptitude e actitude.
A única noticia positiva do pleno foi a aprobación da moción presentada por PxA sobre a depuradora de Sisaldeaprobada por unanimidade. Nesta iniciativa solicitouse ao goberno da Xunta de Galicia que cumpra cos compromisos adquiridos para a ampliación desta depuradora de Bertamiráns, a consellería comprometérase a investir 6 millóns de euros en febreiro do 2012.
No apartado de rogos e preguntas, unha vez máis, quedaron ao descuberto os innumerables escritos presentados por PxA e os demais grupos da oposición que non obtiveron contestación.
Na batería de rogos e preguntas aos que foron sometidos os membros do goberno por parte de PxA, a única contestación que deron dende o goberno foi “contestareille por escrito” cuestión esta que é recorrente en todos os plenos e que na maioría os casos quedan sen contestar, vulnerando os dereito de información.
Así, unha vez máis, os veciños de Milladoiro, Raíces, Tarrío, Lens, Bertamiráns, o Pedregal etc. Terán que esperar a que o goberno se digne contestar as preguntas e os rogos que nos fixeron chegar.
A falta de educación do goberno e a indolencia coa que trata aos membros da corporación, provocou que o concelleiro de PxA EmilioMartínez fixera un rogo recomendando un curso de educación e comportamento.
Ningún comentario:
Publicar un comentario