Ordes - Pleno de novembro

O Concello de Ordes califica de “vergonzoso” o trato que se lle brinda por parte da Deputación Provincial da Coruña 
Marín asegura no pleno municipal que tanto Ordes como outros concellos con gobernos independentes non son convidados a algunhas reunións 

O pleno do Concello de Ordes celebrado onte aprobou por unanimidade a declaración institucional en conmemoración co Día Internacional contra a Violencia de Xénero acontecido o pasado luns. Un texto no que unánimemente se denuncia a violencia contra as mulleres á que se califica de “grave problema social que calquera goberno debe considerar como un dos seus obxetivos prioritarios”. Nel se rexeita calquera tipo de violencia e a importancia da prevención, prestando novas formas de ejercer violencia como é o caso do ciberacoso, entre outros aspectos, como é o caso de incidir na importancia da igualdade entre homes e mulleres. No manifesto tamén se esixe á Xunta e Goberno central que doten ás administracións locais dos medios e recursos para poder traballar neste ámbito. 

Xa no apartado de mocións o PSOE solicitou instar á conselleira de Traballo e Benestar a continuar coa subvención do traslado diario ou semanal daqueles dependentes que fan uso do servizo de transporte 065. Unha solicitude baseada nas últimas novas publicadas nas que se indica a intención da Xunta de Galicia de eliminalo en próximas datas. Algo que negou o líder dos populares ordenses, José Luis Martínez Sanjurjo, quen asegurou a existencia “dunha partida de 13 millóns de euros para este servizo que está blindado por decreto lei, aínda que se estén revisando algunhas das súas condicións”. “Un servizo do que actualmente en Ordes se benefician máis de medio cento de veciños e veciñas conha discapacidade igual ou mallor ao 65%”, según a voceira municipal Silvia Marín. Ante este tema os nacionalistas interpretaron as informacións como “algo acorde coa política de privatización seguida polo PP”. Finalmente a moción foi aprobada por todos, agás polo PP que se abstuvo.

A segunda moción dos socialistas solicitaba unha vez máis a creación dunha Vía verde Santiago de Compostela-Oroso-Ordes, seguindo o trazado ferroviario en desuso propiedade de ADIF, solicitando a implicación da Consellería de Medio Ambiente, da Deputación Provincial e da Fundación do Ferrocarril de España. O seu voceiro, Xesús Pedreira, advertiu do peligro de que “estas zonas se convirtan en vertedoiros incontrolados dado o nulo mantemento”. Unha iniciativa que o Goberno local valorou positivamente xa que son máis de 20 quilómetros no caso de Ordes, e que seguiría en paralelo a unha parte do río Sionlla e outra do Lengüelle. Para o PP trátase “dalgo moi positivo e interesante pero que dada a situación actual non é prioritario”, polo que se abstivo nunha votación que saiu adiante cos votos das demais forzas. 

A última das propostas o PSOE trasládalle ás consellerías de Medio Rural e Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras a necesidade de que se incorpore á futura Lei de Caza de Galicia a tipificación de ‘especie dañina’ ao xabarín. Tamén se solicitou á corporación o seu apoio para oporse á calquera intención por parte de levar a norma un apartado no que se convirta aos productores vítimas das mandas de xabaríns en contribuíntes polos danos sufridos nas súas explotacións. Unha cuantía que debería ser ingresada no Fondo de Corresponsabilidade, tal e como figura no anteproyecto da citada lei. De “inxusta” tildou Silvia Marín esta aplicación “porque os gandeiros e agricultores de Ordes xa non poden afrontar máis gastos dada a situación”. Dende a bancada do PP puntualizaron que “non só únicamente os labregos e agricultores quenes contribuirían co Fondo de Corresponsabilidade senón que o farían todos os axentes implicados”. Unha vez máis os socialistas viron aprobada a última das súas mocións con apoio de todos os grupos, agás os populares que nesta ocasión votaron en contra.

O BNG non conseguiu que se aprobase o debate do texto que plantexaba unha reestructuración dos gastos municipais, nin tampouco a súa proposta de humanización e peonalización de parte da Rúa do Mercado e Compostela. Un plantexamento baseado na “reactivación da economía e do comercio nesta zona da vila”. Gran parte dos voceiros consideraron, e así o manifestaron, que se trata dun proxecto atractivo pero tamén moi custoso e que precisa de estudios detallados dos que ata agora se carecen. 

Por último os nacionalistas presentaron unha moción relativa á elaboración de novos plans especiais por parte da Deputación da Coruña para os concellos da provincia. Según manifestou Ramiro Recouso “é preocupante que a política de convenios e de subvencións nominativas se esté a converter nunha práctica habitual que posibilita o trasvase económico a concellos sen necesidade de convocatoria previa de programas. Un momento que Silvia Marín aproveitou para criticar enérxicamente “o trato que dende a Deputación se brinda a aqueles concellos gobernados por grupos independentes, tanto á hora de ser recibidos para tratar e debatir temas e proxectos como para recibir subvencións, as cales sufriron reducións drásticas de máis da metade”. Marín asegurou que en moitos casos nin son invitados a algunhas das xuntanzas que se convocan cos municipios, “e este xeito de proceder é un perxuizo para os nosos veciños e veciñas que pagan os seus impostos e cumplen coa súas obrigas trubutarias”. Unha moción que finalmente no prosperou, en gran medida, porque no texto se solicitaba á Deputación a peonalización e humanicación das rúas mencionadas anteriormente, aspecto éste que o voceiro nacionalista se negou a correxir.

Nesta ocasión os populares non viron prosperar o debate da súa proposta referente á elaboración dunha ordenza reguladora do uso e mantemento das vías públicas municipais. Un aspecto que tal e como precisou Marín xa está contemplado nunha ordenanza aprobada o pasado 30 de xuño de 2009. Aínda así os populares poderán mostrar e defender o seu parecer neste tema nuha das comisións que se celebrarán próximamente.

Xa no apartado de rogos e preguntas o Goberno manifestou a posibilidade de declararse insumiso ante o incremento do 34% do canon que Sogama aplica aos municipios pola recollida e tratamento dos residuos. Unha medida que se está a estudiar conxuntamente con outros municipios da zona. 

Ante a pregunta da instalación de novos postos comerciais na praza de abastos asegurouse que en canto se dicte resolución do contencioso administrativo que se mantén cunha das actuais comerciantes procederase a asignación de novos postos, “xa que debido a este punto non se pode levar a cabo”. 

O pleno comenzou agardando un minuto de silencio pola memoria polo antigo edil popular José Manuel del Río Regos, falecido esta mesma semana.

Ningún comentario: