O centro social polivalente Brión acolle mañá martes unha charla sobre prevención de estafas e roubos dirixidos á terceira idade
O centro social polivalente de Brión acollerá mañá martes 26 de novembro, de 10 a 11 horas, unha charla sobre como previr e actuar en casos de intento de timo, estafa e roubos. Trátase dunha iniciativa dirixida especialmente ás persoas maiores do municipio, polo que se impartirá coincidindo co obradoiro da memoria de Brión, aínda que está aberta a toda a poboación.
A charla será impartida por axentes da Garda Civil especializados en temas de estafas a maiores, que ademais resolverán as dúbidas de todos os asistentes. A iniciativa repetirase tamén o xoves 28 de novembro, de 16.30 a 17:30 horas, no centro social polivalente. En ambos casos, a entrada é libre e de balde.
Ningún comentario:
Publicar un comentario