BNG Teo - Noriega segue os pasos de Curras e prohibe as megafonías

Noriega segue a Currás e ameaza con sancións por megafonear en Teo
O BNG de Teo lembra que durante máis dun lustro de Goberno de Martiño Noriega non se requiriu nunca ningún tipo e autorización previa para anunciar actividades no Concello.
O BNG amósase sorprendido pola chamada que recibiu o portavoz municipal no día de onte para deixar de anunciar a charla que vai realizar hoxe 3 sobre as multas que facenda está a enviar aos emigrantes retornados. A escusa, non solicitara permiso e polo tanto podería ser sancionado.

O Artigo 35 da Ordenanza Municipal Reguladora da Emisión e Recepción de Ruídos, Vibracións e Condicións dos Locais no Concello de Teo fala da solicitude de autorización preceptiva previa cando haxa fin de propaganda, reclamo aviso ou distracción cun dispositivo sonoro. 

No caso da actividade política non é necesaria a solicitude previa sinalando o caso dos períodos electorais e en horario diúrno. Ao entender que o uso da liberdade de expresión para a divulgación de dereitos recollidos no Titulo I da Constitución como o de reunión e manifestación nunca se requiriu ningún tipo de autorización para anunciar, megafoneando, actividades sociais. Tanto é así que na etapa no que Martiño Noriega era alcalde do BNG realizábanse encontros deste coa veciñanza das distintas parroquias que eran anunciados por megafonía sen impedimento.

O Concello pretende equiparar o dereito de reunión (o BNG anunciaba un encontro cós veciños) ou de manifestación coa actividade comercial ou de calquera outra índole. O resultado final e práctico non é outro que dificultar o traballo político do BNG, a única oposición que existe no concello e que realiza unha labor rúa.

Evidentemente o BNG non estaba a vender o ou a publicitar ningún artigo voceando, estaba a anunciar unha actividade social destinada @s emigrantes retornad@s. Parece pouco sensíbel por parte dun goberno de esquerda facer equiparacións semellantes.

Desde o BNG seguiremos co anuncio das actividades previstas e non conseguirá o alcalde, a carón de fascistas e colonizad@s calar ao BNG na defensa de Galiza e do pobo e a cultura galega.

Desde o BNG recoméndase ao Alcalde que opte por derrogar esa norma se considera que pode ser un impedimento para a divulgación de actividades sociais en contra de ameazar con sancións pola súa aplicación.

Ningún comentario: