Durante este curso os contos non se centran nunha única temática senón que durante cada mes abordarase un tema distinto, sempre relacionado con aspectos de interese e de actualidade na formación emotiva, artística e formal dos máis cativos. Durante o mes de outubro a temática das sesións de contos xirará arredor da amizade.
O luns 30 de setembro comezan as actividades de animación á lectura para o público infantil nas Bibliotecas municipais de Ames. Una ano máis impartiranse varias sesións de contacontos que están dirixidas aos nenos e nenas de máis de 3 anos. Os contacontos realizaranse nas bibliotecas de Bertamiráns e do Milladoiro, así como nos locais sociais de Augapesada e Bugallido. A temática dos contos correspondentes ao mes de outubro será a amizade. Por outra banda, desenvolverase un obradoiro para nenos e nenas de máis de oito anos que se levará a cabo o venres 11 de outubro na Biblioteca do Milladoiro e o venres 18 na Biblioteca de Bertamiráns. Para participar neste obradoiro é necesario inscribirse previamente.
Detrás de cada libro agóchase un mundo por descubrir, historias que gozar, personaxes que coñecer. As actividades de animación á lectura que ofrecen as Bibliotecas municipais de Ames amósanlles aos rapaces e rapazas, mediante sesións de contacontos, a maxia que agochan os libros. Para un mellor funcionamento, as actividades están adaptadas ás idades dos nenos e nenas. Así, as sesións de contacontos están dirixidas especialmente aos nenos/as de entre 3 e 8 anos.
Durante este curso os contos non se centran nunha única temática senón que durante cada mes abordarase un tema distinto, sempre relacionado con aspectos de interese e de actualidade na formación emotiva, artística e formal dos máis cativos. Durante o mes de outubro a temática das sesións de contos xirará arredor da amizade. Estas actividades, como todas as demais que organiza a Biblioteca municipal teñen uns obxectivos claros: fomentar o hábito da lectura, especialmente entre os máis novos, e converter a biblioteca nun referente de encontro nun lugar axeitado para satisfacer as necesidades e inquietudes sociais, culturais, informativas e lúdicas da poboación amiense.
Estas actividades desenvolveranse nas bibliotecas de Bertamiráns e do Milladoiro, así como nos locais sociais de Aguapesada e Bugallido. As sesións de contacontos comezan o luns, 30 de setembro, no local social de Augapesada, e continúan o martes 1 de outubro no local social de Bugallido. O mércores 2 de outubro tócalle a quenda aos usuarios/as da Biblioteca municipal de Bertamiráns, mentres que o xoves 3 celebraranse na Biblioteca municipal do Milladoiro. As sesións de contacontos comezarán en tódolos lugares ás 18:00 horas.
Diario de lecturas
Ademais, durante o mes de outubro vaise realizar un obradoiro denominado Ven á biblioteca e fai o teu diario de lecturas. Esta actividade, que está dirixida aos nenos e nenas de máis de oito anos, levarase a cabo o venres 11 de outubro na Biblioteca do Milladoiro e o venres 18 na Biblioteca de Bertamiráns. Este obradoiro combinará a expresión plástica co fomento da lectura, de maneira que os participantes poderán elaborar coas súas propias mans un diario de lecturas.
Para participar neste obradoiro é necesario inscribirse previamente. Para participar no obradoiro da biblioteca do Milladoiro haberá que inscribirse entre o 30 de setembro e o 9 de outubro na propia biblioteca desta localidade ou chamando ao número de teléfono 981 530 807, mentres que para participar no obradoiro de Bertamiráns hai que realizar as inscricións entre o 7 e o 16 de novembro. Neste caso hai que anotarse na biblioteca de Bertamiráns de xeito presencial ou chamando ao número de teléfono 981 884 829.
Ningún comentario:
Publicar un comentario