OS SOCIALISTAS DE AMES AMOSAN A SÚA PREOCUPACIÓN E
AS SÚAS DÚBIDAS NA ADXUDICACIÓN DO SERVIZO DAS
ESCOLAS DEPORTIVAS
Denuncia que a nova empresa que prestará o servizo das actividades
deportivas de Ames non ten monitores para as diferentes actividades a unha
semana do seu comenzo
A empresa que gañou a adxudicación foi superada por seis empresas no
baremo subxectivo e gañou o baremo económico por pouco máis de 100
euros.
O concello de Ames deberá agora de mercar os materiais para desenvolver as
actividades cando anteriormente os aportaba a empresa
O Grupo Municipal Socialista vén de presentar
sendos escritos nos que solicita unha serie de información relacionada coa
adxudicación do Servizo de actividades das Escolas Deportivas así como o acceso
ao expediente do mesmo.
Aos Socialistas a adxudicación deste servizo parécelles unha nova improvisación do
Goberno que dirixe Santiago Amor, e amósanse preocupados posto que a súa
xestión afectará directamente a varios centos de amienses.
Relatan os membros do PSdeG de Ames que pasado mes de xuño se resolveu en
Xunta de Goberno Local a contratación do Servizo de Actividades das Escolas
Deportivas Municipais mediante un procedemento aberto. E que nesta ocasión o
Goberno do Partido Popular decidiu primar a unha empresa nova fronte á que
levaba máis de cinco anos dando o servizo no concello e que contaba, ademais,
cunha moi boa aceptación e satisfacción na calidade das actividades que
desenvolvía por parte da cidadanía, tal e como o demostra o exponencial
incremento no número de usuarios e usuarias; así como un caudal que supón a
experiencia dos anos e a de dedicarse en exclusiva a realizar este tipo de
actividades .
Diferencia de só 1,07 puntos e de máis de 100 euros na parte económica.
A diferencia entre as empresas foi de tan só 1,07 puntos, sendo a diferencia
principal a oferta económica, xa que nos criterios subxectivos obtivo mellor
puntuación a empresa que prestaba ata a actualidade o servizo. Isto evidencia a
mellor calidade na prestación do servizo por parte da empresa que foi rechazada, e
tal e como xa indicamos con anterioridade, que viña desenvolvendo o servizo nos
últimos anos.
O Goberno de Ames, polo tanto, preferiu primar o baremo económico fronte ao da
calidade de servizo, o que pon de manifesto que antepuxo unha serie de preceptos
antes que ter en conta a satisfacción dos veciños e veciñas de Ames. Chama,
tamén, a atención que mesmo no baremo económico a diferencia entre as dúas
www.socialistasdeames.com
Ningún comentario:
Publicar un comentario