Teta e Coliño - II Encontro de Troco

A Asociación TETA E COLIÑO convídavos ó seu II Encontro de Troco
O evento terá lugar o vindeiro venres 4 de outubro, no Centro Sociocultural de Conxo (Santiago de Compostela). Estaremos alí a partir das 17:00 h
O Banco de Troco Teta e Coliño é unha iniciativa solidaria sen ánimo de lucro, que fomenta entre as familias o intercambio de artigos como: roupa de embarazada e mamá, roupa de bebé e neno/a, artigos de puericultura, carrocería e mobiliario infantil, etc etc.

O funcionamento é sinxelo: "entrega o que non uses, leva o que necesites".

Se no momento non atopas nada que che interese, podes deixar igualmente os teus artigos, levar os teus puntos e trocalos máis adiante (os puntos non caducan).

Acéptanse tanto trocos como doazóns.

Se che interesa algún artigo do Banco, pero non tes nada que poidas trocar no seu lugar, non te preocupes: podes adquirilo a razón de 1 punto=1 euro. Así tamén colaboras co mantemento desta iniciativa.

Anímate a participar, e comparte coa túa xente!! graciñas e unha aperta!!!

O grupo de traballo do Banco de Troco Teta e Coliño


O Banco de Troco conta xa con máis de 1000 artigos, que expoñeremos o día do Encontro de Troco. Moito traballo por diante!! se ese día che apetece botarnos unha man na organización e colocación, avísanos, toda axuda será benvida!!

Ningún comentario: