A Cámara de Comercio de Santiago ofrece o xoves unha xornada sobre o uso das regras Incoterms que regulan o comercio internacional
A Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Santiago de Compostela, en colaboración co Banco Sabadell, organiza o xoves, 3 de outubro, unha xornada sobre os “Incoterms: todo o comercio internacional en 11 termos”.
A sesión estará dirixida polo director de Comercio Exterior e coordinador Territorial D.T. Noroeste do Banco Sabadell, Javier Balbín. A xornada, que se celebrará no salón de actos da Cámara entre as 9:30 e as 12:00 horas, contará coa asistencia de empresarios da zona de Santiago. Versará sobre o uso das regras Incoterms, a súa clasificación e outros aspectos relacionados. Estas normas marcan as condicións de entrega de mercadorías, dividen os custos das transaccións comerciais internacionais, regulando a relación entre comprador e vendedor.
Segundo indica Balbín, os INternational COmmercial TERMS son un conxunto de regras internacionais, baixo o patrocinio da Cámara de Comercio Internacional, concibidas para interpretar termos comerciais habituais baseados nas boas prácticas (comerciais), perseguindo a súa estandarización e a súa terminoloxía, aportando protección xurídico-documental aos contratos comerciais, co obxectivo claro de evitar incertidumes no comercio e diminuír litixios.
Javier Balbín aclara, que atendendo á naturaleza xurídica dos Incoterms, non teñen carácter legal, só contractual, xa que non son leis imperativas. “As partes sométense a estas regras voluntariamente, tendo como peza básica o principio de que se aplican por incorporación. Considéranse unha práctica saudable para a formación dos contratos, tanto domésticos como internacionais” –apunta–.
Axuda para a creación, seguimento e control de proxectos
Por outra parte, a entidade ofrece un curso o próximo 7 de outubro sobre o programa MS Proyect para xestionar un proxecto empresarial de maneira eficaz. Actualmente cada vez son máis os particulares e as empresas que pretenden ser eficaces na xestión dos seus proxectos, e poder coñercer unha das ferramentas máis utilizadas na xestión de proxectos que ofrece vantaxes competitivas, Ms Proyect.
Este curso práctico está dirixido a calquera persoa que por motivos de traballo ou por simple curiosidade esté interesada en saber como funciona un programa informático para creación, seguimento e control de proxectos. Esta actividade está indicada para profesionais, directivos e cargos intermedios dunha empresa. Este curso é ideal para proxectos medioambientais, de xestión cultural, de construción, arquitectura, xestión de empresa, recursos humanos, investigación ou seguimento e control dun máster.
Impartirase nas aulas de formación da Cámara de Comercio de Santiago ata o 17 de de outubro, en horario de 20:00 a 22:00 horas. Estará impartido polo experto en ferramentas informáticas, Emiliano Gómez.
Ningún comentario:
Publicar un comentario