PP Ordes - Proposta para dedicar o POS 2014 a rede viaria municipal

O PP de Ordes propón dedicar o Plan de Obras e Servizos 2014 a corrixir as carencias da rede viaria municipal 
· O Concello recibirá máis de 400.000€ da Deputación, cifra que desautoriza as recentes críticas vertidas desde o Goberno local

· Os populares de Ordes interpretan a negativa do equipo de Goberno local a impulsar unha ordenanza sobre o uso e mantemento das vías públicas municipais como unha evidencia do seu desinterese polo medio rural ordense 

O Grupo Municipal do Partido Popular de Ordes proporá destinar os máis 400.000 euros que a Deputación da Coruña destinará a este Concello no Plan de Obras e Servizos (POS) de 2014 a corrixir as notables carencias que presenta a rede viaria municipal. 

Os populares de Ores elaboraron xa unha proposta que inclúe a realización de obras de mellora nas pistas e estradas de todas as parroquias do Concello, priorizando os viais e tramos que presentan un peor estado de conservación.

Os 401.000 euros que o Concello de Ordes recibirá da Deputación da Coruña en 2014 para financiar o Plan de obras e Servizos revelan, en opinión do portavoz popular, José Luis Martínez Sanjurjo, a obxectividade da Administración provincial no reparto das axudas públicas, ao tempo que desautorizan as recentes críticas vertidas desde o Goberno local contra esta entidade. “Lamentablemente, en Ordes xa estamos habituados á política de balóns fóra do Concello; escoitándoos semella que nunca teñen a culpa de nada e os seus fracasos son sempre responsabilidade dos demais”, argumenta Martínez Sanjurjo.

PROPOSTA DE INVESTIMENTO DO POS 2014 EN ORDES

PARROQUIA DE ARDEMIL:
- Tramo de pista de acceso á Hedra dende o campo de fútbol dos veteráns.
- Pista dende a N-550, pasando pola Reboira cara a canteira.
- Pistas de acceso ás Raposeiras.
- Pista de acceso a O Seixo dende o entronque cara Buscás.

PARROQUIA DE BARBEIROS: 
- Pista de O Cruceiro a Fondo da Aldea.
- Pista de acceso a Coruxo por O Loureiro.
- Pista de acceso a Os Vieites.

PARROQUIA DE BEÁN:
- Aglomerar o tramo de pista pendente entre o Concello de Oroso despois da Aldea de Abaixo e Puzos.
- Arranxar o tramo de pista que quedou pendente contra o Concello de Oroso (Recouso-Marzoa) dende o cruce cara a Cercedo.
- Tramo pendente de Fonte da Viña a Nouche.

PARROQUIA DE BUSCÁS:
- Arranxar pistas secundarias no Pumariño, A Bouciña e Os Lameiros.
- Pista de Carballedo.

PARROQUIA DE LEIRA:
- Reparar a pista que enlaza Meitufe de Arriba ata ao cruce do Castro coa Pedreira.

PARROQUIA DE LESTA:
- Pista de Os Ameneiros ata O Pazo.
- Tramos de ramais en Agromaior.
- Aglomerado da estrada de Lesta a Pepín.

PARROQUIA DE MERCURÍN:
- Arranxar a pista de acceso ás casas da Poza.
- Limpeza de cunetas e rego asfáltico en Mañufe, Zampaño, O Piñeiro e Pepín.
- Acceso a vivendas en O Piñeiro e Pedre.

PARROQUIA DE MONTAOS:
- Pista en Queis do Quinteiro a Porta dos Condes.
- Pista en Queis do Quinteiro a O Piñeiro.
- Pista da Escola de Santa Cruz a Chan.
- Tramo de pista a partir da farmacia cara A Sobreira.

PARROQUIA DE ORDES:
- Pista desde O Bidueiro á AC-413, especialmente o tramo que discorre antes e despois do desvío de Darefe.
- Tramo de acceso a vivenda unifamiliar no camiño que vai de Lavandeira a Ceidón-Bosteiros.
- Pista de O Regueiro a Espenica de Arriba.
- Pista que comunica A Fraga-As Casillas co Balado.
- Beirarúas na rúa de Campeiras e travesía de Campeiras.

PARROQUIA DE PARADA:
- Pista que enlaza Castenda co límite de Ordes e Tordoia (Villartarreo).
- Tramos que comunican as casas do lugar de Cestaños.
- Pista desde O Piñón cara o leste

PARROQUIA DE PEREIRA:
- Pista desde a estrada N-550 ata o igrexario
- Pista principal a Aldea de Abaixo.
- Camiño que comunica a Aldea de Abaixo coa Rúa.

PARROQUIA DE POULO:
- Pista que comunica os núcleos de Lavandeira cara A Senra.
- Pista que comunica A Senra con O Outeiro.

PARROQUIA DE VILAMAIOR:
- Pista de As Corredoiras, en especial o tramo de acceso ás vivendas.
- Tramo da pista entre Adrán cara Casa do Monte.
- Pista en Melris, dende Os Marchás ata a procedente de Roel. 

Estado de abandono
As pistas e estradas do Concello de Ordes acusan o paso do tempo e presentan un estado de manifesto abandono en moitos tramos, logo de seis anos sen atención por parte do Goberno local, que preferiu destinar inxentes sumas de recursos públicos a actuacións moito menos necesarias, como a ampliación da Alameda ou a construción dun novo consistorio.

Como exemplos da desidia do Concello de Ordes respecto ao medio rural, o Partido Popular apunta a negativa do Goberno local a apoiar, no Pleno do pasado xoves, unha moción na que o PP propuxo a elaboración dunha ordenanza reguladora do uso e mantemento das vías públicas de titularidade municipal. “Regos sempre lle deu as costas aos veciños do medio rural e esta decisión volveu demostrar a súa deixadez respecto ás aldeas das parroquias”, agrega o portavoz municipal do PP de Ordes.

Ningún comentario: