O Concello de Melide aprobará o vindeiro luns 2 de decembro os orzamentos para o 2014
· Ánxeles Vázquez, alcaldesa de Melide, agarda ter o voto favorable por parte da oposición ao tratarse dos presupostos máis axustados dende o ano 2006.
Os orzamentos estarán aprobados en tempo e forma para que entren en vigor o vindeiro 1 de xaneiro de 2014. Serán o reflexo da diminución da débeda bancaria municipal e estarán adaptados ao equilibrio orzamentario. Como consecuencia do importantísimo esforzó de amortización realizado polo actual gobernó local que dende o ano 2011 diminúe a contía tota da débeda bancaria en 1.306.941,31 € lembrando que a débeda bancaria a 1 de xaneiro de 2011 ascendía a 2.492.204 €. A débeda bancaria logo de dous anos de gobernó popular será de 1.185.262,68 €. Por outra banda incrementouse o importe consigando para atender ás subvencións de asociación culturais e deportivas, sendo o crédito orzamentario de 15.000 €. A subvención normativa para Cáritas Parroquial mantense estable. Do lado das inversión no 2014 o goberno local, en palabras do edil de facenda, Luis Arias, fará un gran esforzo en investimentos real, ocupando esta partida 477.847,28 €. Son estes uns orzamentos realistas, que reflexan a boa xestión económica deste equipo de goberno cunha liña de contención e control de gasto, acadando con esta política a estabilidade orzamentaria, tal e como se desprende dos informes de intervención municipal. A rexedora melidá recorda que o Concello segue a manter todos os servizos e conxela a suba de impostos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario